Skip to Content

TODAS/OS LEDAS/OS COA CHEGADA DE MARY POPPINS

Non foi o vento do leste quen trouxo a Mary Poppins ata a nosa clase, senon o tempo cálido dos primeiros días de setembro. Xuntas/os de novo falaban das películas de viran durante os meses do verán; imaxino que como consecuencia do mal tempo acontecido as familias recorrerían a esta proposta para ocupar parte do tempo de lecer. Pero ninguén facía referencia á película que hai xa 50 anos estreou a factoría Disney.

Sí era certo que algunhas e algúns a viran nalgunha ocasión, pero alleas/os á polémica desatada pola súa autora quen non cría ver o personaxe que ela creara na gran pantalla. Era certo? Pareceume una boa pregunta. E camiñamos en busca dunha resposta, empregando este texto literario como fonte de reflexión así como unha nova linguaxe sobre o que reflexionar: o cinema.

Ao longo dos días escoitaban pequenos fragmentos deste clásico da literatura infantil e xuvenil ao tempo que progresaban no desenvolvemento das súas habilidades de pensamento. E comezamos na “Calle del Cerezo”, número 17 imaxinando posibles formas para as nubes que Jane y Michael Banks vian dende a fiestra da súa casa mentres esperaban a chegada do seu pai.

Nese intre fixéronse unha primeira impresión da muller que viron chocar contra o enreixado da súa casa. Poñéndose no lugar dos dous irmáns, e apoiándose en fotogramas da película, imaxinaron e describiron o aspecto físico e a vestimenta de Mary Poppins co maior número de detalles. Para supor como sería o  seu carácter, pensei que comparalo co que din as biografías da súa autora resultaría interesante.

Despois de exponer os seus pensamentos, linlles pequenos parágrafos do primeiro libro da saga que escribiu Pamela L. Travers para ver se coincidía coas súas reflexións. Ademáis de pequenos detalles como que a roupa fora de cor azul escura e que non viran os botóns porque os tapaba a bufanda, o que máis lles chamou á atención foi que a autora non  describira á institutriz con tantas cualidades positivas como elas/es supoñian que tiña. 

Casualmente tamén foi un xoves, este curso facemos as sesións de xogar a pensar este día da semana, cando marchamos ao encontro do home dos mistos Bert despois de dialogar sobre o que pasou ao mesturar auga morna e azucre. Mollando xiz de cores nesta auga adozada, pintaron as súas propias obras artísticas. E igual que os protagonistas do libro no seu día libre, vímonos de súpeto metidas/os dentro do  cadro de Paul Cezánne: “Casa en Provenza”.

Fascinadas/os pola aclamada canción da película, “Supercalifragilisticoespialidoso”, tentaron dicir con palabras o máis concisas posible o que acontece nesa escena.

Incluso nos atrevemos a emprender unha viaxe a Londres animadas/os pola propia Mary Poppins, en avión porque é mais rápido ca un trasatlántico. Preparamos o noso billete, a  equipaxe e os cartos que iamos necesitar.

Xa a piques de finalizar o trimestre, non podiamos deixar de pensar en cal sería o mellor agasallo para quen durante tres meses transformou, case máxicamente, a nosa vida na escola. Era xa decembro cando o vento do leste soprou con forza e os retratos de Mary Poppins encadernaban o dossier do noso proxecto de investigación. Para rematar só faltaba escribir: “Mary Poppins … polas/os nenas/os de 4 anos B do CEIP Emilia Pardo Bazán, da Coruña” (VER TEXTO COMPLETO COAS PRODUCIÓNS DAS/OS NENAS/OS NO ARQUIVO ADXUNTO EN PDF).

MAR Santiago Arca

 

AdxuntoTamaño
Publicación TOD@S LED@S COA CHEGADA DE MARY POPPINS en pdf.pdf4.09 MB


page | by Dr. Radut