Skip to Content

UNHA DAS NOSAS EXPERIENCIAS NUNHA PUBLICACIÓN EDUCATIVA

No curso escolar 2000-2001, os centros de formación para o profesorado ofrecían en Galicia os primeiros cursos de “Filosofia para nenos e nenas”, impartidos polas creadoras do Proxecto Noria: Irene de Puig e Angélica Sátiro.

 

As mestras e mestres que asistimos, descubrimos que non tiña nada que ver coa filosofía que nós estudaramos nos nosos anos escolares, senón que o que nos estaban a mostrar era un enfoque para axudar aos nenos e nenas a ser máis autónomos, a pensar por eles mesmos, a explorar alternativas a os seus puntos de vista, a descubrir os seu propios prexuicios e a que atopen razóns para as súas crenzas…sempre na compaña dos demáis. É dicir, proporcionarlles ferramentas para mellorar a súa capacidade de xuizo, e que en consecuencia poidan ser máis creativas/os e quizais máis libres.

 

Ese primeiro curso, os vindeiros asistimos a niveis más avanzados de formación, esixía a realización dun traballo práctico. Nel pedíannos que desenvolveramos nos nosos alumnos e alumnas habilidades de pensamento a través dun intercambio comunicativo empregando distintos materiais.

 

Ademáis deberíamos documentar a nosa experiencia: recoller por escrito a conversa, distinguindo as intervencións da mestra para facilitar o diálogo, das argumentacións das nenas e nenos, e incluir as producións que xurdiran.

                     

Dende entón non deixo de facelo na miña aula, programo unha sesión semanal de “Xogar a pensar” que documento seguindo a mesma proposta do curso. O artigo “Cuento sobrehilado” publicado na páxina 92 do nº 11 da  revista “Crear mundos”, e unha destas sesións.

MAR Santiago Arca

AdxuntoTamaño
Crearmundos_11_2013.pdf3.33 MB


page | by Dr. Radut