REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º CURSO (3 ANOS) DE EDUCACIÓN INFANTIL
Estimadas familias:
A reunión de inicio de curso coas familias do alumnado do 4º curso (3 anos) de educación infantil, terá lugar o vindeiro XOVES, 6 de setembro de 2018, ás 16:30 horas no Salón de Usos Múltiples. Na citada reunión farase entrega do Calendario do Período de Adaptación, así como da explicación do procedemento de aplicación.
Asistirán á reunión, o equipo directivo, as mestras titoras de cada un dos grupos, a mestra de apoio e representantes da ANPA Milnen@s.
Prégase a asistencia sen nenos e nenas para facilitar o bo desenvolvemento da sesión.
A Dirección.