ADMISIÓN DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O CURSO ESCOLAR 2018-2019 (LISTAXES DEFINITIVAS)
En cumprimento da normativa vixente, correspondente ao proceso de admisión de alumnos e alumnas para o curso escolar 2018-2019, procédese á publicacións das listaxes DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos.
De acordo coas garantías e límites da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes definitivas coa puntuación desagregada dos criterios de baremo na secretaría do centro.
Contra esta resolución se poderá formular reclamación mediante un recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O. U. da Coruña, no prazo dun mes a contar a partires do día 12 de maio de 2018.
O prazo de formalización de matrícula será desde o día 20 de xuño ata o 2 de xullo de 2018. Poderán recoller a documentación necesaria na Secretaría ou descargala da páxina web do colexio uns días antes de abrirse o prazo.
LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LISTAXES ADMITIDOS E NON ADIMITIDOS.pdf | 2.18 MB |