Skip to Content

DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

 

 

O día 30 de xaneiro conmemórase en tódolos centros educativos o DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA. No CEIP Emilia Pardo Bazán o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares está traballando nas actividades a desenvolver para conmemorar a citada data. Entre elas está a celebración do Rastrillo Solidario, que ano tras ano vimos realizando, contando coa axuda desinteresada de toda a comunidade educativa do noso centro. Coas aportacións das familias do noso alumando móntase un rastrillo de xogos e xoguetes a prezos módicos. Coa cantidade recadada realízase unha doación a unha entidade ou ONG de axuda ós máis desfavorecidos.

O Seminario Galego de Educación para a Paz promove unha serie de actos para axudar á conmemoración nos centros educativos desta data tan importante. No ficheiro adxunto pode consultarse a relación de actos previstos para este ano 2012.

AdxuntoTamaño
actividades_seminario_2011_2012.pdf453.28 KB


page | by Dr. Radut