Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024_2025

   O luns 20 de maio de 2024 foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde de 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (Código de procedemento ED330B)

 

Acceso á orde

Prazo de presentación de solicitudes

 O prazo de presentación abrangue dende o 21 de maio ata o 21 de xuño ambos inclusive.

 Instrucións

 A presentación será preferentemente telemática tal e como se dispón na Orde seguindo os pasos que alí se indican.

 As familias que desexen entregar a solicitude presencialmente poden facelo no horario habitual da secretaría:

 De luns a venres de 9 a 13:30 h.

 Os luns lectivos de 16 a 18 h.

 Formularios e documentación

Os formularios pódense descargar na aplicación Fondolibros, nesta mesma páxina ou recollelos na secretaría.

 

Anexos solicitude

Enlace á Sede Dixital

Enlace á aplicación Fondo Libros

Manual de Usuario para os solicitantes

Fondo Libros. Preguntas frecuentes

 

AdxuntoTamaño
Solicitude_Fondo.pdf3.6 MB
FNFLIB_M.U. Solicitante.pdf2.18 MB
FNDLIB_PF_PreguntasFrecuentes_2024.pdf514.04 KB


page | by Dr. Radut