A HORTA DE EMILIA NO 1º TRIMESTRE DO CURSO 23-24.
Comezamos o curso, e o invernadoiro está a rebosar, tanto de froito coma de herba.
E comezamos a recoller o que atopamos, unha variedade de froitos:
SANDÍA
CEBOLAS E TOMATES
PEREXIL
BERENXENAS
CABAZAS
...que probamos no cole ou levamos para casa.
Imos amosar como o degustamos no cole.
A sandía, qué rica que estaba, que chegou a pouco.
Aproveitamos as sementes para voltar poñer máis en primavera.
...que non quedou nadiña!
Probamos a CABAZA AO FORNO cun anaco de pan.
E fixemos PURÉ DE CABAZA con cebolas, e algunha pataca e cenoria que atopamos agochadas na horta.
Despois de preparar todos os ingredientes...
...e mentres este se vai facendo a modiño, aproveitamos a xogar un pouco na bibliolab con estes xogos tan divertidos.
Cando o puré está feito, voltamos á aula para degustalo tranquilamente.
Gustounos tanto, que queremos repetir outro día.
As sementes quedan gardadas, para poñer máis o vindeiro ano.
Tamén imos gardar as sementes doutras plantas que temos, unhas bonitas flores, e así traballamos a psicomotricidade fina con estes dediños que teñen moito que practicar para facer esos bonitos traballos que fan.
Pouco a pouco imos debullando para atopar as sementes pequerrechas que teñen.
Aquí as sementes de rábanos, son un pouquiño máis grandes.
E estas son todas as sementes que xuntamos.
Un botiño moi xeitoso, que sementaremos polo terreo do cole na primavera.
Traballamos os tamaños de sementes, grande o bulbo de xacinto, pequenas de sandía, e pequerrechas das flores.
Tamén plantamos, nas xardineiras na aula.
XACINTOS
Facemos o sementeiro de legumes.
CHÍCHAROS
FABAS
E despois deixamos todo limpiño e ordeado para outro momento.