OBRADOIRO DE BAILE GALEGO TRADICIONAL
Dentro das actividades do PDI deste curso, "Galeguízate", a semana pasada organizamos un obradoiro de baile galego tradicional dirixido ao alumnado de 5º de Primaria. O baile existíu dende sempre en Galicia, igual que en todos os lugares do mundo: bailar era o xeito relacionarse cos demais, de transmitir tradicións e costumes, de desfrutar e pasalo ben. Está asociado á música e ao canto e forma parte da nosa esencia, das nosas raíces, dos nosos sinais de identidade. Por iso, a danza forma parte do patrimonio cultural inmaterial. Pois ben, 6 alumnos e alumnas de 5º foron os encargados de explicarlles aos seus compañeiros/as a orixe do baile galego, onde e cando se bailaba e que tipos había. Asemade, fixeron unha pequena demostración dos bailes soltos, dos agarrados, das danzas e, por último, fixeron bailar a todos e todas con varios bailes-xogo. Botádelle unha ollada a esta presentación e veredes!