NA PRIMAVERA
Comeza a primavera, e con ela, novas plantacións.
Probamos a plantar leguminosas, para que prendan en algodóns: chícharos, lentellas, fabas e garbanzos.
Levamos algunhas para casa.
Preparamos na aula, pequenos semilleiros que trasplantaremos na terra.
Recollemos a colleita do inverno: repolos e porros.
Continuamos abonando do noso composteiro...
...dos desfeitos das merendas.
E empregamos humus líquido do compost das miñocas, para regar as nosas plantas.
Esta tempada plantamos:
PATACAS
CEBOLAS
REMOLACHA VERMELLA
LEITUGAS
CHÍCHAROS
XUDÍAS
PEMENTOS
TOMATES
AMORODOS
APIO
novas XARDINEIRAS con bulbos de flores
Imos ver se esta ano temos ARÁNDANOS
Preparamos os bancais sacando as herbas e aireando a terra...
...para poñer tomates, pementos, cebolas, leitugas e flores, tendo en conta a asociación de cultivos, que nos axudan a que medren.
Coidamos que non se estragen as plantacións, que revisamos a cotío, e poñemos remedios naturais para evitalo, coma cascas de ovo, que esmagamos...
...para poñer arredor das plantas, para que non veñan os caracois.
Outros animais son beneficiosos e bo indicativo do estado da terra...
...ou que veñen erradicar plagas.
Para que veñan outros animaliños, poñémoslle un novo hotel de insectos.