RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR
De conformidade co establecido na Convocatoria no D.O.G. do 30-09-2022 Resolución do 19 de setembro de 2022 realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e estará integrada por:
- A Directora do Centro.
- Un representanrte do profesorado.
- Un representante de nais/pais.
- Un representante do persoal de administración e servizos.
Os tres últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). O sorteo realizarase o próximo mércores 26 de outubro ás 11:30 horas.
→ Convocatoria eleccións ao Consello Escolar.
→ Relación de candidaturas presentadas
→ Resultados eleccións Consello Escolar (Novo)