Skip to Content

PLANTAMOS NO TERREO - exterior e invernadoiro

Comezamos a plantar a primeira plantación do curso no exterior para ir ampliando espazos pouco a pouco.

Para a primeira plantación, escollemos verdura que poda resistir neste tempo, que vai indo cada vez máis frío, por iso imos poñela no exterior e no interior do invernadoiro, para ver cómo se dá nos diferentes ambientes.

Despois de ter o terreo limpo de malas herbas, que aproveitamos para facer compost, facemos buratos para meter a planta de verdura que mercamos.

Imos poñer toda esta verdura.

ACELGAS

GRELOS que tivemos que poñer varias veces, porque os paxaros nos comían a semente, polo que foi difícil que saísen.

CHÍCHAROS

FABAS

Facemos os buratos para o REPOLO.

Botámoslle un pouco de abono á terra, que lle axude a medrar (as súas vitaminas).

E poñemos a ramiña de repolos con coidado de non estragalos.

COLIFLOR

LEITUGAS no interior do invernadoiro, xa que nesta época é difícil que medren co frío.

E moi preto das leitugas, os RABANITOS e REMOLACHA que lle axudan a medrar.

 Tamén puxemos a semente dunhas flores, nun lateral da valla do colexio, a ver se medran.

Ao redor da verdura que puxemos, botámoslle cascas de ovo esmagadas, que fan que non se acheguen os bichos á verdura para comela, e ademáis é unha boa vitamina para a terra.

Primeiro esmagamos todas as cascas que tiñamos.

Despois puxémoslla todo a redor do tallo.

Xa temos a verdura, que está a medrar pouco a pouco.

Ansiosos por ter a proba desta colleita! 

 



blog | by Dr. Radut