Música e Evolución
Aínda que este ano quérenolo poñer difícil, nós queremos seguir pasándoo ben á vez que aprendemos cousas novas, por iso desde o mércores ata o venres da pasada semana, Rosa Sánchez e Pablo Carpinteiro viñeron a dar un concerto didáctico a cada unha das clases de 6º de E. Primaria.
Trátase dunha historia dalgúns aspectos da evolución musical da humanidade contada a través da vida e desenvolvemento musical dunha nena e dun neno galegos na nosa sociedade tradicional. Explicaron a evolución biolóxica da nosa especie empregando a semellanza con noso desenvolvemento dende nenos a adultos. Tocaron temas como a selección ntural e sexual, as diferenzas antre sexos en canto á música, a importancia das sociedades matriarcais, a orixe da núsica na nosa especie e a súa utilidade dentro do proceso evolutivo e en diferentes aspectos da nosa cultura (menciña, ritos, cohesión social, etc...) Empregaron 43 instrumentos musicais tradicionais galegos diferentes e explicaron a teoría da orixe infantil dos instrumentos musicais humanos.
preme na imaxe para ver un resumo