AVISO IMPORTANTE!!!!
AVISO IMPORTANTE!!!
Estimadas familias:
O Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias desde o momento no que se recibe a notificación dun caso confirmado positivo.
O Protocolo indica que o equipo COVID do Centro comunica a incidencia de forma inmediata ás Xefaturas Territoriais de Educación e Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e contactará coas familias que poideran estar afectadas.
Os centros educativos temos a obriga de gardar a confidencialidade e garantir o anonimato de posibles afectados segundo establece a Lei de Protección de Datos.
Atentamente.
Equipo directivo e Equipo COVID.