REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:
O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 13h na secretaría do colexio.
A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. (Recoméndase entregala do 11 ao 18 de maio)
- Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido o 8 de xuño.
- Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 10 a 13h na secretaría do colexio.
- Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
- Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo
Rematado o prazo de entrega de solicitudes para o proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/2021, NON É NECESARIO PRESENTAR DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA EN NINGÚN NIVEL. O número de solicitudes é inferior ao de prazas ofertadas.
NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO
Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade co resto de persoas que se atopen no recinto.
NOTA IMPORTANTE: O colexio abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, utilizar o teléfono 981276781 ou o correo electrónico: ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.gal