UN POUCO DE DEPORTE
Os organizadores do Plan Proxecta da Xunta de Galicia envíannos esta proposta para quen queira seguila. Son unha serie de vídeos semanais para facer algo de actividade física mentres vivimos esta situación. Está máis enfocado a alumnos de Primaria, pero vendo os vídeos vemos que é moi sinxelo adaptalas aos máis pequenos.
A continuación podedes ler a mensaxe e ver o link onde están as actividades:
A/A centros participantes nos programas Aliméntate ben e PDC
A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa “Móvete connosco na casa”. Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de educación primaria a a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.
Os vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.
É fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades motrices e coordinativas.
Podedes atopar máis información sobre esta iniciativa na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa
Esperamos que vos sirva de axuda! Moito ánimo!
VÉMONOS PRONTO!!!