HOCKEY NO COLE
Estes días andamos a aprender un pouquiño de hockey xa que tivemos a sorte de contar cun xogador chamado Pablo. Contounos bastantes cousas:
-
Diferencias que hai entre as varias modalidades que hai de hockey
-
Características do hockey herba e sá
-
Tipos de sticks
-
Un pouquiño de historia
Xa sabemos que temos hockey sobre patíns, xeo, herba e sá. Pablo é xogador de hockey sá polo que nos contou cousiñas deste tipo de hockey:
O hockey é un deporte practicado en equipo. A sua finalidade principal é la de levar co stick unha pelota ata a portería contraria para introducila nela o maior número de veces posible.
Parece ser que esta modalidade empezouse a practicar en Persia. No s.XIX instalouse en Inglaterra e pasou as colonias, das cales a India e Pakistán foron potencias.
En 1928 fundouse a Fédération Internationale de Hockey con sede en París.
É un deporte olímpico dende 1908 (para os homes) e 1980 (para as mulleres).
No estado español comenzouse oficialmente en 1922. Os principales equipos atópanse en Barcelona e Terrassa.
Os sticks desta modalidade son máis redondiños na punta e son de distintos tamaños según a estatura do xogador/a.
Ensinounos algunhas das proteccións que levan: luvas, espinilleiras.
Outra das cousas que nos contou, é que cando facía moito frío ían xogar ao interior, de ahi ven o hockey sá.
Sexamos diestros ou zurdos a posición da man no stick debe ser sempre a esquerda arriba.
Quedounos moi claro que tanto a pelota como o stick non deben levantarse do chan.
Estas son algunhas das mostras:
O mellor de todo é que Pablo vai a estar con nos os martes e mércores pola tarde no pavillón.
Animádevos a xogar!!!!!!!!!!!!
Se queres máis información vai a páxina do Athletic Coruña Hockey Club.