Skip to Content

#DebuxandoATorre

A Torre de Hércules fai un chamamento a todos os cativos que están nas súas casas durante estes días a que envíen un debuxo da Torre de Hércules cun arco da vella.

O obxectivo desta iniciativa é empapelar o Centro de Interpretación e Atención a Visitantes no momento en que poida ser reaberto ao público cos gravados de todas as nenas e nenos durante estes días de peche.

Os debuxos terán que incluír eses dous elementos e terán que ser enviados ao correo electrónico torredehercules@coruna.es. Tamén poderán ser subidos ás redes sociais co cancelo #DebuxandoATorre.

Do mesmo xeito dan acceso a unha visita virtual orientada aos cativos no seu facebook ao que podedes acceder aquí.

 

MENSAXE DO PERSOAL DE TURISMO DE A CORUÑA "TORRE DE HÉRCULES"

 

 



page | by Dr. Radut