Skip to Content

QUE POSTOS HAI NUN MERCADO?

Pareceunos moi interesante saber onde podemos mercar comida, en particular comida fresca. Sabemos que podemos ir ao super e ás tendas que temos cerca da casa, mais non sabiamos que tamén podemos ir aos mercados, no noso barrio non hai, pero visitaremos un de verdade moi pronto.

Antes de ir, e para entender ben que se vende alí, primeiro vimos onde se merca a froita, na froitaría, e para iso usamos un libro que trata sobre os diferentes tipos de tendas.

Despois vimos que podemos mercar nun mercado: carnes, peixes, pan, froitas e verduras. Para practicar xogamos coas tarxetas, colocamos os alimentos na tenda correspondente, ao principio costounos un pouco diferenciar, pero agora xa o imos entendendo.

anterior    posterior



blog | by Dr. Radut