Eventos
Participa na actividade o grupo de 2ºC de educación primaria visitando "os tesouros agochados" na Praza de Mª Pita e no edificio do concello da Coruña.
Participa nesta actividade o alumnado de 4ºC de educación infantil que realiza unha visita ao Parque de Santa Margarita da Coruña.
Como actividade de fin de curso o alumnado de 5º curso de educación infantil realiza unha viaxe á granxa de "O VENTOSO" en Laracha. A saída do colexio está prevista para ás 9:30 h.
Representación teatral no Fórum Metropolitano da Coruña da obra: "O PROXECTO DA RAÍÑA BERENGUELA" polo Grupo de Teatro Interaulas.
- DÍA DO TEATRO. Saída ás 9:15 h. de 58 alumnos e 6 mestres cara o Fórum Metropolitano.
- Ás 10:00 h. saída de 204 alumnos e 9 mestres: EP 1ºA-2ºA-2ºB-3ºA-4ºA-4ºB-5ºA-6ºA-6ºB (9 aulas)
- Ás 11:15 h. saída de 173 alumnos e 9 mestres desde o colexio: EP 1ºB-1ºC-2ºC-3ºB-3ºC-4ºC-5ºB-5ºC-6ºC (9 aulas) e traer de volta ao primeiro grupo. Recoller a este segundo grupo ás 13.00 h. no Fórum.
- Ás 13:30 h. recoller en bus aos 58 actores e aos seus mestres.