Eventos
O mércores día 2 de maio o alumnado de 5º curso de educación primaria participa nun obradoiro sobre medioambiente a través da robótica: "PLANETA LIMPIO".
O obxectivo é contribuir a sensibilizar e concienciar aos mais xoves sobre a importancia da conservación do medioambiente, o impacto e a necesidade dunha correcta xestión dos residuos. Para elo, emprégase a innovadora metodoloxía e materiais de LEGO® Education.
O alumnado de 4º curso de primaria participa nun obradoiro sobre os beneficios da hixiene bucal na biblioteca escolar.
O alumnado de 1º e 2º cursos de educación primaria asisten a un espectáculo de monicreques no Fórum Metropolitano da Coruña, baixo o título: "Garbancito en la barriga del buey".
Participan na actividade os grupos de 2ºA e 2ºB de educación primaria visitando "os tesouros agochados" na Praza de Mª Pita e no edificio do concello da Coruña.
Participa na actividade o grupo de 2ºC de educación primaria visitando "os tesouros agochados" na Praza de Mª Pita e no edificio do concello da Coruña.
Participa nesta actividade o alumnado de 4ºC de educación infantil que realiza unha visita ao Parque de Santa Margarita da Coruña.
Como actividade de fin de curso o alumnado de 5º curso de educación infantil realiza unha viaxe á granxa de "O VENTOSO" en Laracha. A saída do colexio está prevista para ás 9:30 h.