Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Novembro 21, 2017
Start: 21 Nov 2017 12:00

"As parábolas de Pakolas" é un espectáculo musical onde Paco Cerdeira interpreta unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con cancións que xiran arredor do rock e outros estilos e con letras atractivas para as e os máis pequenos. O eixo fundamental radica na combinación das cancións coas historias e contos que se recollen nelas, cunha mensaxe final e que forman no conxunto unha fermosa parábola musical da cal aprender e na que pensar.

 

Asistirán os alumnos de 5º e 6º cursos de educación infantil acompañados das súas mestras e coidadores á representación que terá lugar ás 12:00 no Fórum Metropolitano da Coruña invitados polo Departamento de Lingua do Concello da Coruña.

Mércores Novembro 29, 2017
Start: 29 Nov 2017 09:50

 

O alumnado de 4º curso de primaria asistirá o vindeiro 29 de novembro,na Biblioteca do colexio, á presentación de "Cuentos Rromane" unha actividade de achegamento á cultura xitana promovida pola Fundació Privada Pere Closa.

Xoves Novembro 30, 2017
Start: 30 Nov 2017 10:00

O alumnado de 6º curso de primaria asistirá o día 30 de novembro á sede de Afundación A Coruña, para visitar a exposición: A ARTE NO CÓMIC, unha mostra de Fundación Telefónica que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.

Distribuir contido


by Dr. Radut