Eventos
O alumnado de 6º curso de primaria participará o martes día 7 de novembro nun obradoiro de encuadernación de libros na biblioteca escolar.
O martes día 7 de de novembro o alumnado de 3º de primaria asistirá ás 11:00 h. á representación teatral no Teatro Colón da Coruña da obra titulada: Animais de Compañía, representada por Teatro do Noroeste.
O alumnado de 2ºA e 5º de primaria asistirá o día 9 de novembro á sede de Afundación A Coruña, para visitar a exposición: A ARTE NO CÓMIC, unha mostra de Fundación Telefónica que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.
O alumnado de 2ºB e 2ºC de primaria asistirá o día 10 de novembro á sede de Afundación A Coruña, para visitar a exposición: A ARTE NO CÓMIC, unha mostra de Fundación Telefónica que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.
O día 10 de novembro celebraremos o tradicional MAGOSTO, festa na que todo o centro se reúne para facer unha xornada de convivencia lúdico-festiva en torno a este froito tan típico da nosa terra.
"As parábolas de Pakolas" é un espectáculo musical onde Paco Cerdeira interpreta unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con cancións que xiran arredor do rock e outros estilos e con letras atractivas para as e os máis pequenos. O eixo fundamental radica na combinación das cancións coas historias e contos que se recollen nelas, cunha mensaxe final e que forman no conxunto unha fermosa parábola musical da cal aprender e na que pensar.
Asistirán os alumnos de 5º e 6º cursos de educación infantil acompañados das súas mestras e coidadores á representación que terá lugar ás 12:00 no Fórum Metropolitano da Coruña invitados polo Departamento de Lingua do Concello da Coruña.
O alumnado de 4º curso de primaria asistirá o vindeiro 29 de novembro,na Biblioteca do colexio, á presentación de "Cuentos Rromane" unha actividade de achegamento á cultura xitana promovida pola Fundació Privada Pere Closa.
O alumnado de 6º curso de primaria asistirá o día 30 de novembro á sede de Afundación A Coruña, para visitar a exposición: A ARTE NO CÓMIC, unha mostra de Fundación Telefónica que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.