Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Outubro 31, 2017
Start: 31 Out 2017 10:00

O día 31 de outubro de 2017 está prevista a realización na Biblioteca Escolar de dúas charlas divulgativas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º cursos de educación primaria, no marco do Plan Director para a Convivencia 2017-18.

 

Martes Novembro 07, 2017
Start: 7 Nov 2017 10:00

O alumnado de 6º curso de primaria participará o martes día 7 de novembro nun obradoiro de encuadernación de libros na biblioteca escolar.

Start: 7 Nov 2017 11:00

O martes día 7 de de novembro o alumnado de 3º de primaria asistirá ás 11:00 h. á representación teatral no Teatro Colón da Coruña da obra titulada: Animais de Compañía, representada por Teatro do Noroeste.

Xoves Novembro 09, 2017
Start: 9 Nov 2017 12:00

 

O alumnado de 2ºA e 5º de primaria asistirá o día 9 de novembro á sede de Afundación A Coruña, para visitar a exposición: A ARTE NO CÓMIC, unha mostra de Fundación Telefónica que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.

Venres Novembro 10, 2017
Start: 10 Nov 2017 10:00

O alumnado de 2ºB e 2ºC de primaria asistirá o día 10 de novembro á sede de Afundación A Coruña, para visitar a exposición: A ARTE NO CÓMIC, unha mostra de Fundación Telefónica que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.

Start: 10 Nov 2017 10:33
End: 10 Nov 2017 13:30

O día 10 de novembro celebraremos o tradicional MAGOSTO, festa na que todo o centro se reúne para facer unha xornada de convivencia lúdico-festiva en torno a este froito tan típico da nosa terra.

Martes Novembro 21, 2017
Start: 21 Nov 2017 12:00

"As parábolas de Pakolas" é un espectáculo musical onde Paco Cerdeira interpreta unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con cancións que xiran arredor do rock e outros estilos e con letras atractivas para as e os máis pequenos. O eixo fundamental radica na combinación das cancións coas historias e contos que se recollen nelas, cunha mensaxe final e que forman no conxunto unha fermosa parábola musical da cal aprender e na que pensar.

 

Asistirán os alumnos de 5º e 6º cursos de educación infantil acompañados das súas mestras e coidadores á representación que terá lugar ás 12:00 no Fórum Metropolitano da Coruña invitados polo Departamento de Lingua do Concello da Coruña.

Distribuir contido


by Dr. Radut