Eventos
DISCIPLINA POSITIVA
Datos das sesións
- Sesión informativa: 27/10/2017, 18:00-19:30
- Ubicación: SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio de primaria
- Inscrición: pechada para a primeira sesión informativa a través da aplicación do ANPA. Para o resto das sesións estará dispoñible en breve
Ponente
María Soto
Educa Bonito en Disciplina Positiva http://educabonito.blogspot.com.es/
O día 31 de outubro de 2017 está prevista a realización na Biblioteca Escolar de dúas charlas divulgativas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º cursos de educación primaria, no marco do Plan Director para a Convivencia 2017-18.
O alumnado de 6º curso de primaria participará o martes día 7 de novembro nun obradoiro de encuadernación de libros na biblioteca escolar.
O martes día 7 de de novembro o alumnado de 3º de primaria asistirá ás 11:00 h. á representación teatral no Teatro Colón da Coruña da obra titulada: Animais de Compañía, representada por Teatro do Noroeste.
O alumnado de 2ºA e 5º de primaria asistirá o día 9 de novembro á sede de Afundación A Coruña, para visitar a exposición: A ARTE NO CÓMIC, unha mostra de Fundación Telefónica que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.
O alumnado de 2ºB e 2ºC de primaria asistirá o día 10 de novembro á sede de Afundación A Coruña, para visitar a exposición: A ARTE NO CÓMIC, unha mostra de Fundación Telefónica que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.
O día 10 de novembro celebraremos o tradicional MAGOSTO, festa na que todo o centro se reúne para facer unha xornada de convivencia lúdico-festiva en torno a este froito tan típico da nosa terra.
"As parábolas de Pakolas" é un espectáculo musical onde Paco Cerdeira interpreta unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con cancións que xiran arredor do rock e outros estilos e con letras atractivas para as e os máis pequenos. O eixo fundamental radica na combinación das cancións coas historias e contos que se recollen nelas, cunha mensaxe final e que forman no conxunto unha fermosa parábola musical da cal aprender e na que pensar.
Asistirán os alumnos de 5º e 6º cursos de educación infantil acompañados das súas mestras e coidadores á representación que terá lugar ás 12:00 no Fórum Metropolitano da Coruña invitados polo Departamento de Lingua do Concello da Coruña.