Skip to Content

blogue demldp

ACTIVIDADE CON ALUMNADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O venres, día 29 de abril, achegáronse ao centro unhas alumnas da UDC para facer unha actividade cos nenos e nenas. Contaron un bonito conto sobre a nai Natureza, e despois fixeron unha actividade de reciclaxe. Convertiron uns botellíns de plástico de auga nunhas bonitas macetas nas que plantaron lentellas. Ao final, decoráronas e todo.

Quedaron moi bonitas!

 

 

 

VISITA Á HORTA DO CEIP SAN PEDRO DE VISMA

Co fin de mellorar a horta do noso centro, decidimos visitar o Ceip de San Pedro de Visma que sabemos que realizan moitas actividades e moi variadas relacionadas co tema da horta.

Chamounos moito a atencion o acolchado que teñen en varias zonas do xardín feito con cascas de froitos secos que aportan os nenos (cascas de castañas, pipas, avelás,noces, pistachos...). Isto úsase para evitar que saian herbas e, ao mesmo tempo, é abono.

 

Vimos que aproveitan todos os espazos ao aire libre tanto para actividades da horta, de lecer e tamén de coidado de animais. Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que traballan no Ceip de San Pedro de Visma.

Desta visita levamos moitas ideas para o noso centro, para a nosa "escola verde", xa vos iremos amosando os resultados pronto por aquí.

 

O XARDÍN DE OBDULIA

Non noso barrio, Os Rosales, había moitos espazos verdes que quedaran paisaxisticamente deteriorados. Un destes espazos foi reconvertido a xardin por unha veciña, Obdulia. Todo comezou con materiais de obra que alí quedaran da construción de edificios e continuou con pedras e todo o que foi atopando, plantas e outros materiais de refugallo que aportou xente do barrio, moitos deles pais e avós dos alumnos do noso centro. 

Así foi construíndo un lugar onde a xente contempla, interacciona con esta muller e lle sigue aportando distintos materiais para que ela continúe día a día con este proxecto no que todo o vencindario colabora e coida.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut