Skip to Content

blogue demppa

COIDAMOS AS NOSAS FLORES.

O alumnado de 3º B despois de facer o seu semilleiro, agora está a coidar na casa o cravo chinés.

Qué fermoso o teñen!

A HORTA DE EMILIA.

Tamén plantamos no exterior a carón do cole azul.

E agardamos que medren.

Ás veces temos bo tempo, e as flores xa queren saír adornar os campos.

E xa en breve teremos os primeiros froitos de arándanos.

 

A HORTA DE EMILIA NO 2º TRIMESTRE DO CURSO 23-24.

Cómo medraron as sementes que puxeramos no anterior trimestre, a pesares de que non sairon todas as que puxemos.

E facemos sementeiros no inverno, para poñer máis adiante.

 Preparámonos para comezar a plantar na horta do exterior.

Temos que levar un pouco máis de terra.

Preparámonos ben coas luvas para manexar a terra.

...e comezamos cos ALLOS

ACELGAS

ROMANESCO

BRÓCOLI

APIO

CHÍCHAROS

REPOLO

COL LOMBARDA

PUERROS

ESPINACAS

...e agora agardar a que medren

Recollemos todo no seu sitio.

...sen esquecer que de vez en cando, hai que regar...se non chove!

 

 

II CONFERENCIA NACIONAL DE ETWINNING SCHOOL

II Conferencia Nacional eTwinning "Espacios creativos para la innovación"

Difusión del SNA Encuentro Centros eTwinning (rtve.es)

 

ETWINNING EN EDUCACIÓN INFANTIL

Despois do primeiro proxecto eTwinning que fixeramos e co que obtivemos o Selo de Calidade Nacional, este ano somos Centro eTwinning / eTwinning School

 

Voltamos este curso con outro proxecto eTwinning dentro do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia na modalidade "Patrimonio Cultural Europeo en colaboración co programa eTwinning", e facémolo sobre o "MAR" que vemos todos os días.

Esta vez cun centro de Lituania (Naminukas, en Vilna) e outro de Portugal (Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira Da Foz).

II Conferencia Nacional de eTwinning School

II Conferencia Nacional de eTwinning School.

ETWINNING SCHOOL

A HORTA DE EMILIA NO 1º TRIMESTRE DO CURSO 23-24.

Comezamos o curso, e o invernadoiro está a rebosar, tanto de froito coma de herba.

E comezamos a recoller o que atopamos, unha variedade de froitos:

SANDÍA

CEBOLAS E TOMATES

PEREXIL

BERENXENAS

CABAZAS

...que probamos no cole ou levamos para casa.

Imos amosar como o degustamos no cole.

A sandía, qué rica que estaba, que chegou a pouco.

 

Aproveitamos as sementes para voltar poñer máis en primavera.

 

...que non quedou nadiña!

 Probamos a CABAZA AO FORNO cun anaco de pan.

E fixemos PURÉ DE CABAZA con cebolas, e algunha pataca e cenoria que atopamos agochadas na horta.

 

Despois de preparar todos os ingredientes...

...e mentres este se vai facendo a modiño, aproveitamos a xogar un pouco na bibliolab con estes xogos tan divertidos.

Cando o puré está feito, voltamos á aula para degustalo tranquilamente.

Gustounos tanto, que queremos repetir outro día.

As sementes quedan gardadas, para poñer máis o vindeiro ano. 

 Tamén imos gardar as sementes doutras plantas que temos, unhas bonitas flores, e así traballamos a psicomotricidade fina con estes dediños que teñen moito que practicar para facer esos bonitos traballos que fan.

Pouco a pouco imos debullando para atopar as sementes pequerrechas que teñen.

Aquí as sementes de rábanos, son un pouquiño máis grandes.

E estas son todas as sementes que xuntamos.

Un botiño moi xeitoso, que sementaremos polo terreo do cole na primavera.

Traballamos os tamaños de sementes, grande o bulbo de xacinto, pequenas de sandía, e pequerrechas das flores.

 Tamén plantamos, nas xardineiras na aula.

XACINTOS

Facemos o sementeiro de legumes.

CHÍCHAROS

FABAS

E despois deixamos todo limpiño e ordeado para outro momento.

PRIMEIRA COLLEITA DA PRIMAVERA

A horta vai medrando...

...e xa podemos ir recollendo algúns froitos

GRELOS

FABAS

ALLETES

REMOLACHA VERMELLA

CEBOLAS

 AMORODOS que imos probando tódalas semanas

LEITUGAS

...e outros froitos que aínda agardamos a que sigan medrando para probar

CENORIAS

APIO

BERENXENA

TOMATES

PEMENTOS

XUDÍAS

CABAZAS

SANDÍA

LEITUGAS

Sempre temos que estar arrincando malas herbas que non paran de medrar

Renovamos despois da colleita, o terreo con rabos, perexil, tomates, leitugas

Preparamos as nosas macetiñas, que nos imos levar con pequenas sementes que comparamos.

Despois deixamos todo recollido e limpo

Do semilleiro de leitugas e espinacas que puxeramos, levamos algunhas para que en casa tamén medren.

Collemos flores polo San Xoán, para facer o noso maio.

As veces tamén collemos un pouco de menta que nos gusta levar, polo ben que ule.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut