Tras aprender a montar o robot e coñecer as súas partes, no que levamos de segundo trimestre aprendemos a utilizar o programa mBlock que nos permitirá comunicarnos co robot e conseguir que se mova, que acenda luces, que detecte movemento, temperatura e moitos aspectos máis que iremos descubrindo.
O primeiro paso foi coñecer as diferentes partes e opcións que ten o programa, despois a forma na que se conecta o robot ao ordenador e o xeito polo cal trataremos que o robot "escoite" o que lle estamos transmitindo.
A continuación establecimos un reto a cada unha das clases de 4º e 5º de E.P. no que tiñan conseguir que o robot se movese cara adiante, cara atrás, xirase, acendese leds de distintas cores, que os apagase, que reproducise unha determinada nota musical e que por último se detivese.
Os bloques que utilizamos foron os que aparecen desordenados na imaxe e que combinaron para que o robot realizase as accións indicadas. En canto á nota musical o programa utiliza a notación americana que equivale:
C - DO / D - RE / E - MI / F - FA / G - SOL / A - LA / B - SI
Sendo os números que as acompañan os acordes.
Tamén tiveron que combinar as cores que facilita o bloque (vermello-verde azul) para que os leds mostrasen cores como o amarelo, rosa ou violeta.
No seguinte vídeo podedes ver algúns dos momentos destas sesións:
Seguimos aprendendo!