Skip to Content

EI 4º Curso, EI 5º Curso, EI 6º Curso, Educación Infantil

QUE POSTOS HAI NUN MERCADO?

Pareceunos moi interesante saber onde podemos mercar comida, en particular comida fresca. Sabemos que podemos ir ao super e ás tendas que temos cerca da casa, mais non sabiamos que tamén podemos ir aos mercados, no noso barrio non hai, pero visitaremos un de verdade moi pronto.

Antes de ir, e para entender ben que se vende alí, primeiro vimos onde se merca a froita, na froitaría, e para iso usamos un libro que trata sobre os diferentes tipos de tendas.

Despois vimos que podemos mercar nun mercado: carnes, peixes, pan, froitas e verduras. Para practicar xogamos coas tarxetas, colocamos os alimentos na tenda correspondente, ao principio costounos un pouco diferenciar, pero agora xa o imos entendendo.

anterior    posterior

MERCADO EPB

Temos o noso mercado listo para Nadal!

anterior    posterior

Que comín desde que nacín?

QUE COMÍN DESDE QUE NACÍN?

Hoxe querémosvos contar como foi a experiencia do noso compañeiro coa froita e outros alimentos.

Querémoslle agradecer á familia de Roi que nos permita compartir este precioso traballo con todos.

anterior     posterior

Probamos froitas novas!

U- la Lúa?

Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.
Unha historia sobre o amor, a familia e a amizade, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

 

Os nenos e nenas de E. Infantil desfrutamos deste espectáculo o pasado luns día 9, gustounos moito vivir coa gatiña Lúa as súas aventuras.

Merendamos froita no cole!

Cal é a túa froita favorita?

As mazás

Fixemos un traballo centrado nunha froita que pode ser verde... amarela... colorada... famosa pola súa torta... e que se pode tomar sen cociñar.

 

Ler a noticia enteira

 

Simulador do escornabot

Presentámosvos este simulador do funcionamento do escornabot, que realizou en Scratch "La Escuela Maker", e que vos pode servir para ir practicando co dispositvo electrónico se aínda non tedes os robots na vosa casa.

 

 

Os maiores tamén podedes ver como é un programa de Scratch por dentro, analizalo, enriquecelo e mesmo transformalo.

Animádevos!

Distribuir contido


by Dr. Radut