Salvando as adversas condicións climatolóxicas e a alerta laranxa prevista para este venres
día 9 de novembro de 2019 celebramos no colexio o tradicional Magosto. Na súa organización
contamos coa inestimable colaboración de pais e nais voluntarios que participaron nos
traballos de preparación das brasas, picado e asado das castañas, reparto dos cornetes de
papel de xornal, tiznado das caras e mans do alumnado... Os nenos e nenas degustaron as
castañas e foron acompañados pola tradicional figura da "castañeira" que ataviada ao
uso da época animou o o magosto. Grazas a todos os participantes: nais e pais, profesorado,
persoal non docente, limpadoras...
VER GALERÍA DE IMAXES