O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, foi proclamado polas Nacións Unidas no ano 1992, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e ademais para concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Por este motivo e para conmemorar este día, na semana do 25 ao 29 de novembre, contamos no noso centro educativo cunha serie de talleres e charlas de sensibilización en materia de discapacidade, dirixidas ao alumnado de infantil e primaria e ofrecidos por COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discpacidad Física y Orgánica).
En concreto, o alumnado de 6º educación infantil participou no taller de sensibilización: “Aquí jugamos todas y todos” onde se presentou un conto como eixe principal da actividade, e a partir del ofrecéronse unha serie de actividades relacionadas.
O alumnado de 3º e 4º de primaria participou no taller “Todas y todos somos capaces” onde se tratou de concienciar aos nenos e nenas sobre a diversidade xenerando actividades e experiencias para acercalos a esa realidade das persoas con discapacidade, sensibilizando sobre a importancia de promover unha educación baseada no respecto, a tolerancia e a solidariedade.
O alumnado de 5º e 6º de primaria participou nun taller sobre accesibilidade: Gymkana inclusiva “Ponte en su lugar”. Nesta sesión despois dunha pequena presentación fíxose unha gymcana de actividades que se realizaron de forma simultánea e rotativa, de xeito que todos e todas pasaron polas diversas actividades coa finaidade de poñerse no lugar dunha persoa con discpacidade. A valoración da actividade foi moi positiva, e tod@s, profesorado e alumnado disfrutamos e aprendimos desta experiencia.
ver galería