O pasado mércores, 30 de outubro, impartironse nas tres aulas de sexto do noso centro escolar unha charlas co título de "Como cambian os tempos" .
Estas charlas están patrocinadas pola Asociación Cultural Tempo Novo de Elviña-Castro e pola Mesa pola Normalización do Idioma Galego. O ponente é Carlos García Casás, profesor de primaria e vocal de Tempo Novo.
Nestas charlas, cunha duración de cincuenta minutos, proxectouse un vídeo con imaxes da Galiza dos anos 60 e con poemas galegos de Curros, Celso Emilio e Cabanillas, musicados polo propio Carlos García, e na que se deu unha visión de como era a vida nas aldeas galegas, a escola, o idioma, a alimentación, os costumes...
A intervención rematou cun coloquio co alumnado e co profesorado-titor.