Seguimos a voltas coa froita, e esta vez imos preparar GOMINOLAS CASEIRAS, moi moi naturais.
Escollemos os ingredientes que imos empregar: froita fresca e xelatina.
Primeiro imos facer as gominolas de laranxa, así que preparamos o zume coa axuda do expremidor.
Despois facemos o mesmo cos amorodos, licuándoos.
A cada mistura, pónselle un pouco de xelatina para que espese un pouco.
E cando xa temos todo preparado, poñemos todo en moldes, para que agardando un pouco, colla consistencia.
Despois de agardar o tempo preciso, xa temos as nosas gominolas preparadas para degustar.
Qué boa pinta teñen!!!!
Xa só falta probalas.
Están boísimas!!!
anterior posterior