“... los jardines no son únicamente una construcción material sino también una creación intelectual”.
Beruete, Santiago. (2016). Jardinosofía. Una historia filosófica de los jardines. Madrid: Editorial Turner
O segundo ano do proxecto, cando xa tiñan 4 anos, iniciamos pequenas exploracións do xardín tamén con criterios artísticos conseguindo crear pequenas obras de arte colaborando con dúas artistas: Rosario Belda, artista téxtil e María Mariño, directora de coro.
Foi un proceso lento, resultado das camiñatas que semanalmente damos dende o aulario de Infantil ata a nosa parcela no horto, coas que puideron desenvolver as súas habilidades perceptivas. Así, por exemplo, a súa agudeza auditiva foi mellorando, pasando de case non prestar atención aos ruídos habituais a escoitar infinidade de matices neles: “Cuando la lluvia cae en las hojas hace un ruido muy blandito y cuando está en los paraguas hace un ruido más grande; también puede ser rápida cuando el viento sopla, cuando hace más poco viento las gotas caen más despacito, es llovizna; otro día había sol y los pájaros cantaban en las ramas de los árboles; y escuchamos a los de primaria, a los mayores y el cortacésped, que hacía mucho ruido”.
Á semellanza da linguaxe musical, anotaron estes sons a modo de partitura co desexo de que unha persoa experta puidera imaxinar a súa melodía. E foi Maria Mariño quen asumiu esta responsabilidade e creou o que a día de hoxe é a música do noso xardín de Juanita.
Con Rosario Belda aprendemos a debuxar flores e a tinxir teas coa técnica do Hapa Zome. Agora mesmo temos unha colaboración sen rematar, verémola a final de curso, xa que estamos a tinxir teas co sol e vexetais pensando na posibilidade de utilizalas como soporte da súa obra.
A fundamentación do proxecto e o desenvolvemento da nosa experiencia a compartimos o pasado 21 de marzo de 2018 na radio Universitaria Colombiana, no programa “El Puente”de Uniminuto Radio, que podedes escoitar.
MAR Santiago Arca, novembro 2018