Skip to Content

EI 4º Curso, EI 5º Curso, EI 6º Curso, Educación Infantil

UNHA NOVA PROMOCIÓN NO XARDÍN DE JUANITA

   A primeira promoción de Educación Infantil vinculada ao proxecto “El jardín de Juanita”, xa está en E. Primaria.

   O pasado 10 de xuño contábanlle á creadora do proxecto, Angélica Sátiro, como foran quen de crear accións medio ambientais neste espazo do colexio: “La primera vez que lo vimos estaba todo lleno de tierra; no había flores, parecía un poco de desierto con cosas tiradas. Lo teníamos que plantar nosotros, y … cuanto más crecían las flores, más crecíamos nosotros. No al mismo tiempo, pero un poquito todos”.

   Falaban tamén do seu desexo de seguir colaborando no proxecto polo que tentaremos de que, dalgún xeito, as súas suxestións podan ser unha realidade durante o tempo do recreo.

   Na páxina do xardín (https://www.facebook.com/eljardindejuanita/) narraremos o desenvolvemento dos pensamentos da nova promoción. Pero para entender que non se trata de facer xardinería senón de darlle ás infancias a oportunidade de crear as súas propias accións, nada mellor que un resumo do que fixeron na promoción anterior e que foi explicado na inauguración da exposición “El jardín de Juanita” e na presentación do libro “Ciudadanía creativa” na Fundación Luís Seoane a finais do curso pasado.

   El jardín de Juanita na Fundación  Luis Seoane:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-10-06-2019-4135942?t=1&fbclid=IwAR16HPmzcX_o9tNEqVVb6UIleNeW_p1kWlBOGJ6W9B_ZuVdQ8OYJQ25ox18

 

MAR Santiago Arca, setembro 2019

 

Reunión informativa educación infantil tres anos. Curso 2019-2020

  O vindeiro xoves 5 de setembro ás 16:30 horas terá lugar a reunión informativa para as familias do alumnado de educación infantil de tres anos no SUM (sala de usos múltiples) no edificio de primaria.

FIN

AMIGOS PARA SEMPRE

Despois de dous anos xuntos toca a despedida, os nosos amigos maiores marchan para o instituto e nos quedamos, un pouco máis soiños sen eles.

Foron dous anos nos que o pasamos moi ben traballando xuntos, aprendemos moitas cousas deles e sempre nos recordaremos de “o noso amigo maior”.

Como as despedidas son tristes e nos non queríamos que fose así, preparemos obra de teatro na que se facía referencia a como traballábamos no proxecto e tamén, servía de agradecemento e despedida aos maiores do centro.

Así, como dicía o título, sentímonos e seremos: AMIGOS PARA SEMPRE.

anterior

todas as fotos

os superheroes preferidos

OS MEUS SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS PREFERIDOS

Durante este curso coñecemos a moitos superheroes e superheroínas, os que viven nos cómics, no cine e nas series de televisión, os que son de verdade e que viven con nós: médicos, policías, garda civil, bombeiros, profes...

Tamén sabemos que todos e todas podemos ser superheroes e superheroínas porque cada un de nós ten algo que o fai especial.

Pero entre todos, hai uns que son os nosos preferidos e que non cambiamos por nada porque son os mellores, adiviñades cales son?

 

 

SUPER HEROES

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS DE VERDADE

Para rematar o trimestre, tivemos unhas visitas moi especiais... SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS pero dos de verdade, dos que axudan á xente e que son da nosa familia ou nosos veciños, dos que encontramos pola rúa e que sempre están cando os necesitamos.

Antonio, o avó da nosa compañeira Martina López. Veo acompañado duns amigos e logo tamén os fomos a visitar.

María, a nai de Guillermo, un compañeiro de 3 anos

 

 

Ramón, pai de Diego e Ana, que xa están en Primaria

 

David, amigo do pai do noso compañeiro Alfonso.

Cando medremos, tamén seremos superheroes e superheroínas

O NOSO XARDÍN DE JUANITA ESTÁ A PIQUES DE CUMPRIR TRES ANOS ...

... e imos celebralo cun grande evento ao que estades convidados/as. Dende este venres, 31 de maio, a Fundación Luís Seoane de A Coruña acolle a exposición “El jardín de Juanita”. Durante un mes poderedes coñecer, en formato póster, as experiencias desenvolvidas nos 7 países implicados en dar voz aos nenos e nenas para axardinar o noso planeta.

   O poder dispor dunha sala nun museo, é un grande recoñecemento ao proxecto e unha chiscadela aos artistas que colaboraron co noso xardín ao longo destes tres cursos: María Mariño, compositora; Javier Rouco, poeta e Rosario Belda, creadora téxtil; tamén Yago Concejo, publicista e pai dun neno do colexio. Todos elxs fixeron as súas aportacións tendo en conta o pensamento dxs nenxs. 

   Ademais a filósofa/pedagoga/escritora Angélica Sátiro, estará na súa inauguración o luns 10 de xuño. E, quen mellor que a creadora do proxecto para explicar o valor do que estivemos a facer ao longo de tres anos?

 

MAR Santiago Arca, maio 2019

CONVIVENCIA SAN MARCOS

CONVIVENCIA CO CEIP PLURILINGÜE SAN MARCOS (ABEGONDO)

O pasado venres 3 de maio tivemos unha convivencia moi especial co cole de Abegondo xa que eles tamén teñen un “amigo maior”.

Comezamos co recibimento na entrada do cole, cada un co seu amigo, os dous coles.

Logo pasamos ao SUM de Infantil e alí explicounos Conchy o que íamos a facer durante toda a mañá.

 

Os pequenos quedamos todos na nosa aula, a aula de Aurora, e alí explicamos aos nosos novos amigos os nosos superheroes e superheroinas porque estamos moi orgullosos deles.

 

Mentres os maiores foron á Bibliolab onde lles explicaron como funcionaba e que se podía facer alí.

 

Despois puxemos camiño ao Monte de San Pedro.

 

Alí completamos a xornada  cunha merenda e moitos xogos.

 

Logo chegou a parte máis triste: a despedida!

 

Pero como dicían os amigos maiores: Sempre vos recordaremos!

 

ATA SEMPRE!!!!


anterior

máis fotos

 

VISITAS

 

VISITAS ESPECIAIS 

Dentro do programa “Voluntariado Miúdo” do Plan Proxecta , ofrecéronnos unhas actividades moi interesantes. 

O pasado xoves 4 de abril, os pequenos recibimos a visita de Anxo Moure, pasamos un rato moi divertido escoitando as súas historias sobre “O Carballo con Botas”.

 

Para os amigos maiores, Ramón Molina explicoulles o significado tan especial que ten o voluntariado, todo mediante xogos moi divertidos.

anterior   seguinte

NOVOS CAMIÑOS AO XARDÍN DE JUANITA

“Participación en proxectos e investigación no medio natural, expresando as actividades realizadas e os resultados obtidos mediante diferentes representacións”.

Currículo do segundo ciclo de Educación Infantil. Área: coñecemento do contorno. Bloque 2. Achegamento á natureza. Xunta de Galicia, 2009

   Cando Angélica Sátiro nos propuxo a Rosario Belda e a min crear unha obra colectiva cos nenos e nenas da miña titoría, comezamos axiña xa que tres cursos con criaturas de Educación Infantil non era tanto tempo.

   Queriamos un obxecto que representara a nosa participación no proxecto “El jardín de Juanita” y como a obra máis coñecida desta artista son os mapas téxtiles, pensamos que o producto final debería mostrar o camiño dende o aulario de infantil ata o xardín.

   Ao longo dos tres cursos, tinximos as teas que serviron como soporte á obra con diferentes técnicas (Hapa-Zome, co sol e coa calor), pero o gran reto da nosa colaboración era non perder as bases sobre as que se sustenta a Filosofía Lúdica: a mellora do pensamento.  Para desenvolver habilidades de pensamento nxs nenxs, axudeilles a enfocar a súa mirada en todo o proceso de creación a través do diálogo, facéndolles preguntas que lles orixinaran pensamentos sobre o que estaba a ocorrer e abrindo os ollos á diversidade.

   Ao tempo que Rosario ía cosendo a súa cartografía téxtil, na escola estábamos a crear os nosos propios mapas e a sinalar o camiño que percorremos un día á semana dende outubro de 2016.

 

   Por iso, cando tivemos a obra final na clase para xogar con ela, entendemos a súa visión diferente, mestura de realidade e imaxinación: El mapa de Charo no es normal y corriente, no se ve lo que es, parece que vamos por un camino nuevo. Los dos (mapas) eran difíciles, porque Charo tuvo que pensar para hacer el suyo, pero el nuestro era más fácil porque lo inventamos entre todos. Pensamos y hablamos entre nosotros, así pensamos todas las cabezas y podemos tener muchas ideas”.  

    

   Esta nova obra, que xa consta no curriculum de Rosario Belda …

“2019: El camino al Jardín de Juanita. En colaboración con los niños y niñas de 5 años del CEIP Pardo Bazán de A Coruña”

… poderedes vela, no contexto do proxecto do xardín de Juanita, no mes de Xuño. A Fundación Luís Seoane acollerá a exposición “El jardín de Juanita”, coas experiencias dos 8 países participantes: España, Portugal, Italia, Brasil, Colombia, México, Uruguai e Arxentina .

   A autora do proxecto estará presente na inauguración desta exposición; pero mentres podedes coñecela e ver as bases filosóficas do mapa no blogue de Rosario Belda.

                                                                                                                             MAR Santiago Arca, abril 2019

 

 

POEMAS PARA ROSALÍA DE CASTRO

“... la poesía es arte, es pintura hecha de palabras, es escultura tallada en frases, es ritmo y música en la conexión de sus ideas. La poesía es teatro, representación de la existencia humana en el escenario de la vida. Y la poesía vence sin humillar porque sólo puede ser lo que es, sin más...”.

Sátiro, A. PASIÓN POR CREAR, PLACER DE ADMIRAR, NECESIDAD DE TRANSFORMAR. Iniciación al arte como herramienta de juego, conocimiento y transformación. MACUF Museo Arte Contemporáneo Unión Fenosa.

En Educación Infantil todos os cursos recitamos poemas de Rosalía de Castro; tamén os ilustramos, creamos obras artísticas baseadas neles, dramatizámolos … Por iso, a piques de finalizar o ciclo precisábamos dar un paso máis. O coñecemento de que Manuel Curros Enríquez escribira un poema para a poeta galega foi o desencadeante: Poderíamos nós?

Fixemos unha lista de palabras que comezaran por cada unha das letras do nome da poeta, pequenas palabras importantes para elxs e para Rosalía segundo deducían da lectura dalgúns dos seus versos: o seu nome é o dunha flor, o sapo e as algas viven nos ríos e nas fontes, os poemas musicados por Amancio Prada semellan óperas, a súa foi unha familia numerosa polo que habería moita roupa que remendar, nos nosos tempos desprazaríase en avión nalgún dos seus cambios de residencia … e sempre recitamos co texto presente.

O resto foi un proceso lento e longo xa que, seguindo a estrutura dos primeiros versos, lemos e relemos o texto ata melloralo.

 

Tamén Dores Tembrás dialogou coa poeta nunha das súas obras e “estaba muy triste porque Rosalía se murió”. Cremos que lle axudaría saber que dela quedan os seus poemas e tentamos dicirlle o moito que nos gustan dándolle forma aos nosos pensamentos:

Non fai falta dicir que, dende que o curso pasado soubemos que Mª Victoria Moreno traballaba de tradutora, témolos aprendidos en lingua galega. E agora, co desexo de “editar” ese libriño do que lle falamos a Rosalía de Castro, ocupamos todos os días un tempo a crear os nosos poemas.

MAR Santiago Arca, marzo 2019


 

Distribuir contido


by Dr. Radut