Skip to Content

Departamento de orientación, TIC, EDLG, EACE, Biblioteca, Comisións de dinamización, Animación á lectura, Recomendámosche

O PLAN NAVEGA CON RUMBO CHEGA O NOSO COLEXIO

 

 

A III Edición do Plan Navega con Rumbo chega o noso colexio para informar aos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de educación primaria sobre a importancia de navegar seguro pola internet. Esta actividade enmárcase no contexto do Proxecto Abalar.

Trátase dunha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O programa ten como obxectivo formar ao alumnado nas boas prácticas no uso de internet, previndo o ciberacoso e a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais.   Asi mesmo, pretende a implicación do profesorado e das familias neste proceso, facéndoos partícipes destas recomendacións.

Nos seguintes enlaces pódese acceder as guías de Boas Prácticas:

        



 

Vivir na Coruña, que bonito é

Como  homenaxe a  todos os  CASCARILLEIROS espallados  polo  mundo incluimos este interesante video: VIVIR NA CORUÑA

 

Queredes aprender a letra da canción?

OS ALIMENTOS (Vocabulario en galego)

UN ANTROIDO OLIMPICO

Durante toda a semana, estivemos preparando as "Olimpiadas do Emilia".

Así, fomos ambientando o centro con temas relacionados coas Olimpiadas.

No edificio de Primaria, foron as sedes e os valores desta competición.

 

 

En Infantil, foron as mascotas olímpicas as que nos acompañaron, ademáis de un Feirán Cigarrón.
Primaria foi a sede de moitos deportes: snowboard, fútbol, halterofilia, artes marciais..., incluso os gregos achegaronse ao noso centro. Infantil foi a sede do equipo de natación.
 

 En Infantil acompañounos un Meco que nos ía   dicindo o que tiñamos que traer cada día.

¡Foi unha semana moi divertida!


 

A nosa cultura no mundo

Como  xa  sabedes , a  cultura  galega  traspasa  fronteiras  e  mesmo  hai  xente  estudando a nosa lingua e a nosa literatura  en  países  tan  lonxanos  como  Hungría, Sabedes  onde  está? Saberiades  situala neste mapa mudo?

 

Mirade  o  ben  que  fala  o  galego  esta  moza  húngara e  canto  admira  a  nosa  lingua!!! 

Fala   tan  ben,  que  mesmo  é  quen  de  traducir  as  obras  de  Cunqueiro  ao  seu  idioma!!

 


 

 

DÍA DA PAZ

                Partindo desta frase tan fermosa que preside a entrada do edificio de Primaria, comezamos a preparación do DIA DA PAZ, e o primeiro paso foi ambientar os dous centros.                   
En Infantil, a árbore cubriuse de fermosas pombas de cores.
En Primaria, un paraugas xigante enchíase de pingas pola paz.

 

E, como remate, todos os nenos e nenas e mestres e mestras xuntamonos nunha celebración especial.

Primeiro os máis grandes fixemos uns camiños e, mentres limos unhas mensaxes que comezaban o mesmo que a canción "No dudaría", os máis cativos remataron os camiños con esa palabra tan fermosa: PAZ

Todos xuntos disfrutamos cantando a canción "No dudaría"

 

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL. Orientacións ás familias.

O noso  pensamento  está  composto  por  palabras, polo tanto a linguaxe  é  fundamental  para  comunicarnos, non só cos demais,  senon  tamén  con  nós  mesmos. Contar  cunha  linguaxe  elaborada   permitiranos  facer  razoamentos  tamén  máis  complexos  e, por conseguinte, “pensar mellor”.  Do noso dominio  da  linguaxe  depende  a  nosa capacidade  para  realizar   reflexións  máis  ou  menos  profundas e establecer unha  relación  co  entorno que nos permitirá  adquirir  novas  aprendizaxes.


Por outra  parte,  a nosa  expresión  oral  é  a  carta  de  presentación  na interacción  cos  demais, posto que é o primeiro  que  escoitan   de  nós.

 

Aínda  que  hai  outros  xeitos  de  comunicación,  a  linguaxe  humana  baséase  na  nosa  capacidade  para comunicarnos  por medio  de signos lingüísticos. Os nenos ao  naceren  teñen  unha  capacidade  innata para adquirir  unha  linguaxe  que lles permita  comunicarse, pero   conducta lingüística  non  é  instintiva como a respiración ou a deglución; o código lingüístico  debe ser adquirido por  medio do contacto con outros  seres  humanos que lle sirvan de modelo.


Neste  sentido, o entorno natural  para o desenvolvemento da comunicación é a familia, xa que  é  a  única  que  pode  dar  unha  estimulación  intensiva  desde  o  primeiro  momento  e  durante as 24  horas dos 365  días  do ano. Esta  estimulación   conta, ademais, coa  ventaxa de estar  unida   a   situacións  naturais  e  enormemente  motivadoras pola  carga  afectiva  e  lúdica  que  levan  implícita.

 

Non  debemos esquecer que o  desenvolvemento da linguaxe  é  un proceso evolutivo  que  sigue  o  seu  propio  ritmo en cada neno. Nós  non debemos  forzar  ese  proceso  pero    podemos  favorecelo  e  facilitalo  moito.  Que  os  nosos  nenos  pronuncien e articulen ben  os  sons  e  amplien  o  seu  vocabulario  e  estructuras  vai  depender  en gran  medida  dos    modelos  que  lles  ofrezan  os  adultos  do  seu  entorno.

 

As  diferentes  actividades  da  vida  diaria son moi útiles   para  estimular  a  linguaxe  oral  dos  nenos,  pero  tamén podemos  e  debemos  provocar  nós  algunhas  situacións  de  comunicación  non  tan  espontáneas: os  comentarios  sobre  o  que  imos  vendo  desde  o  autobús,  a visita  a  unha  feira  ou   un  museo, a lectura  conxunta  das  imaxes  dun  conto, …

 

Desgraciadamente,  o  cada  vez  máis  estresante  ritmo  de vida  que  levamos,   está  empezando  a  interferir  nesta  función  natural  do  entorno  familiar, o cal se  está  vendo  reflectido  nun  significativo   incremento  das   dificultades  de   expresión  oral  nos  nenos .


Por  todo  isto,  desde  o departamento de Orientación editamos  un  pequeno  tríptico   con    algúns  consellos;  agardamos  que  vos  resulten  de  utilidade.

AULAS ABALAR NO CEIP EMILIA PARDO BAZAN

 

        En  breve o CEIP Emilia Pardo Bazán contará nas aulas de 5º curso de educación pr imaria do equipamento das Aulas Abalar. Na semana anterior á ponte de Tódolos Santos, os técnicos das empresas responsables da instalación e montaxe das aulas Abalar estiveron traballando no noso centro.

    Os encerados interactivos SMART Board, os proxectores de curto alcance, os portátiles do profesorado, os netbooks do alumnado e os carros de carga e almacenamento xa están case preparados para o seu uso. Cada aula contará cunha conexión wifi-Abalar que interconectará todolos equipamentos á rede Abalar e tamén co servidor do propio centro. Da posta en funcionamento do servidor se encargarán técnicos da Unidade de Atención en Centros.

       A fin de aproveitar o equipamento Abalar e os recursos TIC do centro, o profesorado do noso centro participará ao longo do curso escolar 2011-2012, nun Proxecto de Formación en Centros.   

 

O CEIP EMILIA PARDO BAZAN SERÁ NOVO CENTRO ABALAR

 

 

 

A Consellería de Educación e O. U. acaba de facer pública a relación de centros seleccionados para adscribirse á rede Abalar no curso 2011-2012. Na citada relación aparece o CEIP Emilia Pardo Bazán entre os centros seleccionados. Esto vai supoñer que o noso centro contará no vindeiro curso escolar con importantes equipamentos informáticos para o nivel de 5º curso de educación primaria.

Cada aula dixital contará co seguinte equipamento:

* Un ultraportátil para cada alumno/a.

* Un portátil por aula para o uso dos docentes.

* Unha pizarra dixital interactiva.

* Un proxector.

* Un armario para a carga dos equipos.

* Rede wifi.

O proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos.

 

CENTROS SELECCIONADOS

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

 

Os Departamentos de Orientación  son servizos educativos especializados de Orientación Educativa, Psicopedagóxica (atención aos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais) e Profesional creados coa intención de favorecer a calidade e mellora do ensino.

O Departamento de Orientación que actúa no noso colexio está formado por diferentes profesionais:

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación  como Orientadora de referencia do Centro.

Pofesorado de Pedagoxía Terapéutica: presta atención educativa especializada ao alumnado con dificultades de aprendizaxe co obxectivo de estimular e intervir educativamente no afianzamento persoal e social dos noso alumnado.

Profesorado de Audición e Linguaxe: presta atención educativa especializada ao alumnado con dificultades da linguaxe oral.

As funcións do Departamento de  Orientación son as seguintes:

   * Valora-las necesidades educativas no ámbito da orientación, e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

    * Elabora-las propostas do Plan de Orientación Académica e do Plan de Acción Titorial.

  * Participar na elaboración, seguemento e avaliación do PEC e do PCC, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción. 

  * Deseñar actuacións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe, derivadas de condicións desfavorables ou de sobredotación.

    * Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

   * Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida afrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou dificultosos.

    * Cooperar cos equipos específicos.

    * Promove-la cooperación entre o centro e as familias.

    * Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións.

    * Aqueloutras que a Administración Educativa determine no ámbito das súas funcións.

    As familias interesadas en comunicarse coa Orientadora deberán facelo, previa comunicación ao centro.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut