Skip to Content

Novas

FESTA FIN DE CURSO 2018-2019

Xa temos na galería a selección de imaxes da festa de celebración do fin de curso e da despedida do alumnado de 6º de primaria.

Desde o centro queremos desexar a todo o alumnado e ao profesorado que non vai estar connosco no vindeiro curso o mellor para as vindeiras etapas das súas vidas e tamén agradecer a ANPA a súa colaboración indispensable na organización desta festa. Bo verán e gozade das vacacións.

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

 

No Diario Oficial de Galicia do día 21 de maio de 2018 publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

Orde do 9 de maio de 2018

Solicitude (Anexo I e II)

LISTAXES DEFINITIVAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

 

ENTREGA DE VALES PARA MERCAR LIBROS DE 1º, 2º CURSO DE PRIMARIA E MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

Entrega de “Vales”

Do día 10 ata o 20 de xullo, poderanse recoller na Secretaría, en horario de 10 a 13 h. os cheques solicitados para os libros de 1º e 2º e os de compra do material escolar.

O 12 de xullo publicaremos a listaxe provisional de beneficiarios dos libros de 4º EP para o vindeiro curso. As listaxes definitivas publicaranse o día 20 de xullo. Estes libros entregarémolos ao alumnado o día 12 de setembro nas respectivas aulas.

A Secretaría do colexio estará aberta ao público desde o día 1 ata o 20 de xullo no horario de 10 a 13 h.

CAMBIO DE DATAS PARA A RECOLLER NO CENTRO A DOCUMENTACIÓN DO ALUMNADO DE 6º EP

Estimadas familias:

 

Comunicámoslles que debido a un retraso por parte do Servizo de Inspección Educativa no envío do papel timbrado para a impresión da documentación oficial, vémonos na obriga de suspender a cita de mañá cos titores de 6º ata a vindeira semana ou no curso seguinte. Concretamente a partires do venres día 6 de xullo  e ata o día 20 de xullo no horario de 10 a 13 h., ou a partires de setembro, poderán recoller a correspondente documentación na Secretaría do colexio.

Desculpen as molestias.

A dirección

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2015-2016.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicada a Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria. DESCARGAR SOLICITUDE

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Publicada a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial. DESCARGAR SOLICITUDE

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º CURSO DE PRIMARIA NO IES SALVADOR DE MADARIAGA

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao

 IES SALVADOR DE MADARIAGA

(Día de portas abertas: mércores, 4 de febreiro ás 19:00 horas)

2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.

3. As familias que no vindeiro curso 2015/2016 desexen que os seus fillos cursen os estudos no referido instituto deberán presentar no noso Centro, entre os días 02 e 19 de febreiro (os días de entroido o colexio permanecerá pechado) o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013). O alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, ao seu titor/a.

4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.

5. Se prefiren que os seus fillos/as continúen estudos nun IES distinto ao que está adscrito o noso Centro, non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (2 ao 20 de marzo) para entregar a súa solicitude (anexo II da Orde do 12 de marzo de 2013) no IES da súa preferencia.

6. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

MAGOSTO APRAZADO

A celebración do Magosto prevista para mañá neste centro escolar queda aprazada ata a semana próxima. A previsión meteorolóxica informa de choivas ao longo da xornada.

Distribuir contido


by Dr. Radut