Xa falta pouco para o entroido!!!!! e para ir preparándonos tivemos unha visita moi especial dende a aldea de Samede (parroquia de San Xulián de Vigo en Paderne) para contarnos como están a recuperar o entroido dos seus devanceiros.
Grazas á curiosidade dunha nai que quixo axudar ao seu fillo cun traballo escolar, empezaron a coñecer ese entroido que data de finais do século XIX e quixeron recuperar.
Hai Bonitos que cos seus sombreiros coloridos e os seus mantóns de manila bailan "a muiñeira cruzada", Carolos, todos vestidos de branco e con máscara tamén branca, Vixigueiros coas máscaras e roupa de pel fan falcatruadas tentando que non miremos para os Bonitos e o meco Policarpo que se queima ao remate da festa.
Foi un pracer moi grande escoitar como nos relataban a súa historia con tanto amor e paixón. Moitas grazas!!!
Grazas pola visita! de Aurora Candal