Skip to Content

1º Curso EP, 2º Curso EP, 3º Curso EP, 4º Curso EP, 5º Curso EP, 6º Curso EP, Educación Primaria

ACTIVIDADE CON ALUMNADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O venres, día 29 de abril, achegáronse ao centro unhas alumnas da UDC para facer unha actividade cos nenos e nenas. Contaron un bonito conto sobre a nai Natureza, e despois fixeron unha actividade de reciclaxe. Convertiron uns botellíns de plástico de auga nunhas bonitas macetas nas que plantaron lentellas. Ao final, decoráronas e todo.

Quedaron moi bonitas!

 

 

 

ENTREVISTAS NA RADIO SOBRE MEDIOAMBIENTE.

Para que saibamos máis sobre temas de medioambiente e que toda a información se escoite e chegue a todas partes, divulgamos dito tema facendo entrevistas a responsables que se adican a coidar o medioambiente. O alumnado aprendeu moito elaborando este informativo medioambiental coa axuda do profesorado, os encargados da radio e os entrevistados.

Houbo unha entrevista a un traballador da Fundación de ECOALF, Brendan James, empresa que obtivo recentemente varios premios por revolucionar a moda dunha forma sostible, pola súa traxectoria medioambiental, contribuíndo á consecución dos ODS - concretamente o 14 para a conservación dos mares, pioneiros en sostenibilidade. 

A Fundación ECOALF participa en actividades que aumentan a sensibilidade con respecto ao problema do lixo e o dano que provocan sobre os ecosistemas mariños, divulgando así o seu traballo.

O traballador cóntanos todo o que fan dende a recollida dos residuos plásticos do fondo do mar, para confeccionar a roupa e calzado.

 

Tamén entrevistouse a Alexis Rivera, da organización WWF en defensa do medio ambiente. Asociación ecolóxica que foi fundada en 1961 a nivel internacional, e nace en España, en 1968, da man de Félix Rodríguez de la Fuente con ADENA.

 

Podes escoitar estas entrevistas e todo o informativo medioambiental (sobre o lixo na cidade, hortas urbanas, o xardín de Obdulia, a asociación ecoloxista Arcoiris, reciclaxe...) no seguinte enlace.

A RUTA DA AUGA - SAÍDA Á PRESA DE CECEBRE

Continuamos con saídas medioambientais, e nesta ocasión, na ruta da auga, á presa de Cecebre.

Despois dunha charla na aula sobre a saída que se ía facer e a súa importancia, amosamos todo o que se aprendeu.

Aprenderon sobre a biodiversidade que xera o río, co ecosistema da ribeira,a fauna: o paso que se lles fai ás nutrias; corvos mariños, cormoráns..., e as barreiras que fai a flora coas árbores: salgueiros, ameneiros, bidueiros...

Destacando a importancia da presa, gracias ás augas dos ríos Mero (principal), Barcés e Gobia.

Coa inundación das augas dos ríos ao xuntarse, fíxose a presa de Cecebre, que leva a auga a 2 potabilizadoras: unha de Carral e outra á ETAP (estación de tratamento de auga potable) de A Telva, que é a que suministra a auga á nosa cidade.

A auga empregada limparase na EDAR (estación depuradora de augas residuais) de Bens.

UNHA SAÍDA MOI INTERESANTE!!!

ACTIVIDADE CON ALUMNAS DA UDC

Tivemos a gran sorte de ter a visita de 4 estudiantes universitarias que viñeron ao cole a contarnos un conto "El Niño Semilla". Trata sobre a un neno que en realidade é unha semente, se a coidas e a mimas dará o seu froito.

Cando acabaron de contarnos o conto fixemos unha actividade moi bonita. Debuxamos a nosa versión do neno semente e despois pegámola nun vasiño onde metimos algodón e unhas lentellas. Agora estámolas coidando na clase para que broten, igual que o protagonista da historia!

MOITAS GRAZAS POLA VISITA E POLA ACTIVIDADE!!!

 

VISITA DE LAURA (COS PÉS NA TERRA)

A semana pasada tivemos unha visita moi moi especial, veu Laura a visitarnos! Contounos infinidade de cousas sobre reciclaxe, reutilización, reparación e redución. Ela ten unha unha tenda ecosostible no noso barrio, e, coñecedora de que estamos a tratar este tema este curso, veu a  aclararnos algunhas cousas e informarnos de outras moi interesantes.

Deunos moitas ideas para reducir o uso de plástico nas merendas do cole (usando envoltorios reutilizables para os bocatas, culleres de madeira...).

Ensinounos a facer macetas con garrafas de auga, de feito regalounos unha para o cole! "MOITAS GRAZAS LAURA!"

Vimos alternativas para a limpeza da nosas casa (con esponxas de lufa) e a hixiene persoal (con cepillos de dentes de madeira, champú sólido sen envase de plástico...).

Non nos chegou o tempo para tantas ideas que nos tiña que contar, polo que pensamos que estaría ben que esta visita tivera unha segunda parte, a parte da reciclaxe e reutilización de obxectos.

 

 

 

 

SEMILLEIRO

Chega o mes de marzo e xa podemos sementar máis cousiñas, algunhas para levar ás nosas casas e seguir vendo como medran alí e outras para o noso horto.

Desta vez sementamos ravos que esperamos comer nas nosas ensaladas pronto, son moi ricos e ademais teñen moitas vitaminas, especialmente vitamina C.

 

REUTILIZAMOS BOTES PARA POÑER PLANTAS NAS AULAS

Seguimos buscando formas de reutilizar obxectos da vida cotiá para darlles unha segunda vida. Nesta ocasión, como Escola Verde que somos, collimos botes de distintas procedencias para plantar plantas nas nosas aulas, canto máis verde mellor!

Pintamos os botes para deixalos máis bonitos e despois puxemos plantas e cactus. Seguiremos con esta actividade todo o que queda de curso, esperemos ter moitas máis!!!

 

OS PERIGOS DO PLÁSTICO (NO MAR)

Estes días estivemos traballando sobre a importancia de reducir e evitar o uso de plástico sempre que poidamos.

Nas nosas aulas estamos a ver pequenos cambios; cambios a botellas de auga reutilizables, bolsas ou tuppers en lugar de envoltorios de plástico, máis comida caseira e menos mercada envolta en plástico, etc.

Para esta actividade investigamos sobre os perigos do plástico no mar, posto que o noso centro está no paseo marítimo da Coruña. Para isto fixemos redacións co que máis nos impactou, fixemos debuxos e mesmo fixemos peixes con botellas de plástico simbolizando a cantidade de lixo que hai no mar.

 

ESCRITOS 

DEBUXOS

PEIXES CON BOTELLAS DE PLÁSTICO

 

 

 

VISITA Á HORTA DO CEIP SAN PEDRO DE VISMA

Co fin de mellorar a horta do noso centro, decidimos visitar o Ceip de San Pedro de Visma que sabemos que realizan moitas actividades e moi variadas relacionadas co tema da horta.

Chamounos moito a atencion o acolchado que teñen en varias zonas do xardín feito con cascas de froitos secos que aportan os nenos (cascas de castañas, pipas, avelás,noces, pistachos...). Isto úsase para evitar que saian herbas e, ao mesmo tempo, é abono.

 

Vimos que aproveitan todos os espazos ao aire libre tanto para actividades da horta, de lecer e tamén de coidado de animais. Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que traballan no Ceip de San Pedro de Visma.

Desta visita levamos moitas ideas para o noso centro, para a nosa "escola verde", xa vos iremos amosando os resultados pronto por aquí.

 

O XARDÍN DE OBDULIA

Non noso barrio, Os Rosales, había moitos espazos verdes que quedaran paisaxisticamente deteriorados. Un destes espazos foi reconvertido a xardin por unha veciña, Obdulia. Todo comezou con materiais de obra que alí quedaran da construción de edificios e continuou con pedras e todo o que foi atopando, plantas e outros materiais de refugallo que aportou xente do barrio, moitos deles pais e avós dos alumnos do noso centro. 

Así foi construíndo un lugar onde a xente contempla, interacciona con esta muller e lle sigue aportando distintos materiais para que ela continúe día a día con este proxecto no que todo o vencindario colabora e coida.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut