CALENDARIO ESTIÑO sticky icon

Un ano máis recibimos o calendario “Estiño”, adicado ó río.
Debido ó COVID, non se pode distribuír para a súa venta como en anos anteriores.
Os interesados en mercar algún calendario, deberán levar os cartos (1,50 €/unidade) e darllos o/a titor/a correspondente.

Esperamos que vos guste

Prorroga da suspensión da actividade lectiva polas obras sticky icon

Bos días,
En previsión de que as obras no piso de abaixo non van estar rematadas para o vindeiro luns, vémos na obriga de prorrogar a suspensión das clases nos cursos de infantil outros tres días de momento. Do seguinte xeito:


Luns 14 non terá clase 5º de infantil.
Martes 15 non terá clase 6º de infantil.
Mércores 16 non terá clase 4º de infantil.


Disculpade as molestias e grazas polo voso esforzo.
A dirección

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA EN INFANTIL POLAS OBRAS sticky icon

    Comunicamos que por mor das obras na planta baixa do edificio onde se ubican as aulas de ed. infantil, a vindeira semana, imos a ter que reubicar ó alumnado de infantil en aulas do 2º andar e suspender a actividade lectiva nun curso de infantil cada día posto que só dispomos de dúas aulas utilizables para os tres grupos e como sabedes non podemos misturalos. Deste xeito, e co consentimento da xefatura territorial a suspensión das clases quedará da seguinte forma:


9/12/2020: Non terá clase o alumnado de 4º de ed. infantil
10/12/2020: Non terá clase o alumnado de 5º de ed. infantil
11/12/2020: Non terá clase o alumnado de 6º de ed. infantil

Un saúdo e disculpade as molestias.
A dirección

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO sticky icon

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes procederase á distribución de máscaras entre o alumnado beneficiario en canto sexan subministradas ao centro.

Lémbrase que os alumnos/as que xa foran excluídos da axuda para vale de material escolar están excluídos de oficio para esta axuda.

Para calquera información adicional, deberase  contactar telefónicamente co Centro.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar