Listaxe provisional de alumnado admitido
20/04/2022
Están publicadas no taboleiro de anuncios interior do centro as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas no proceso de admisión de alumnado para o curso 2022/2023.
Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar do centro.
ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2022/2023
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
|
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
Para presentar as solicitudes no centro é necesario pedir cita previa (Tfono. 982 82 81 33). |
|
Calendario do proceso e Normativa | |
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022/2023
IMPORTANTE:
A reserva de praza, segundo a normativa vixente, en Chantada só se pode facer para os INSTITUTOS, porque son os que teñen centros adscritos a eles.
Os alumnos do noso centro SÓ PODERÁN SOLICITAR RESERVA DE PRAZA para o I.E.S. "Lama das Quendas", porque é o centro onde oficialmente estamos adscritos. Os que queiran seguir os estudos de E.S.O. no I.E.S. "Val do Asma" terán que agardar que se abra o prazo para ADMISIÓN DE ALUMNADO (1-20 de marzo).
Os centros de primaria NON PODEN FACER RESERVA DE PRAZA nin para alumnos que se vaian incorporar a Educación Infantil nin para a Educación Primaria (salvo que tiveran centros adscritos, que non é o caso). Estes alumnos deberán agardar que se abra o prazo para ADMISIÓN DE ALUMNADO. Os que xa están cursando os estudos no centro este ano non teñen que solicitar nin reserva nin admisión.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Procedeuse á distribución de máscaras entre o alumnado do centro que resultou beneficiario das mesmas en cumprimento da Orde do 28 de outubro de 2021.
Estas son as características e as instruccións de uso:
Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de E. Primaria
INSTRUCCIÓNS |
Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021. |
ALUMNADO DESTINATARIO |
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial: a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022. b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións: • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. |
SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR) |
Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a. Prazo: |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »