Complementarias

Día Contra a Violencia de Xénero: GINKANA DA IGUALDADE


Hoxe, luns 29 de novembro de 2010, o alumnado do noso centro participou nas actividades organizadas polo Concello de Cabanas para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero. Así, o alumnado de EP tomou parte nunha Ginkana da Igualdade, da que vos deixamos unhas fotos ( son do primeiro grupo: alumnado de 1º, 2º e 3º de EP)

 


GINKANA EP - Diapositivas

       O alumnado de EI, asistiu a unha sesión de Contacontos, na aula de psicomotricidade:


CONTACONTOS EI NOV - diapositivas

PRESENTACIÓN RALLYE CABANAS

O día 14 de outubro, NANI ROMA, presentou no pavillón do noso centro o Rallye de Cabanas.



Varios medios de comunicación comentaron a noticia. Aquí tedes os enlaces.


SEÑOR MUNDO, DÍGAME?

 O día 17 de novembro, o alumnado d0 1º e 2º ciclo de EP, asistiron na aula de psicomtricidade á representación da obra SEÑOR MUNDO; DÍGAME?, do programa BOCABERTA. Aquí vos deixamos unhas fotos:

O entroido_2010

 O venres dia 12 de febreiro

celebramos O ENTROIDO

 

 

  <

>

 

TARXETAS DE NADAL

 CONCURSO

TARXETAS DE NADAL

 (Organizan:ANPA "O CASTIÑEIRO" e CONCELLO)

 

 

<

>  

 

 

1ª SEMANA DA CIENCIA

Do 12 ó 19 de xuño, celebramos a 1ª semana da Ciencia no noso colexio.

(Mais información no blogue da biblioteca: LIBROUCHO)

DÍA DA ÁRBORE

Mañá, venres 27 de marzo, celebramos o Día da Árbore.

Para iso, imos baixar ó piñeiral da praia de A Magdalena, onde plantaremos árbores e soltaremos pombas. Ademais os alumnos/as mais maiores recitarán un poema da eumesa Carmen Sarmiento Álvarez, que leva por título: " As nosas árbores".

Este poema musicado, foi premio Cantareliña 1990. Está recollido no libro de Xosé Paz Fernández: "Nas beiras do Eume" 2ª parte Cancioneiro Popular Eumés. Concello de Pontedeume. Pontedeume 1998.

ENTROIDO PRIMARIA

Tardamos un pouco, pero aquí vos van unhas pouquiñas fotos MARIÑAS cos alumnos de Primaria:

ENTROIDO: O MECO

Nueva capa...

Este é o noso MECO particular. Durante esta semana estará na entrada do centro , propoñendo ós alumnos/as divertidos retos para comezar a troula do Entroido.

Esperamos que vos guste a proposta e agardamos a vosa colaboración e participación.

DISFRUTADE DO ENTROIDO!!!

LUNS: O PIXAMA TRAERÁS PORQUE MOITO NOS CUSTA MADRUGAR.

MARTES: CUNHA CINTA NA CABEZA VIRÁN E UNHA BOA LAZADA LEVARÁN.

MÉRCORES: MAQUILLAXE USARÁS E ALGO DIVERTIDO NA CARA PINTARÁS.

XOVES: O XOVES PARA REMATAR UNHA GARABATA TRAERÁS.

 

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

Distribuir contido