Complementarias

MULLERES CON ESTRELA. 8M.

28/02/2024 16:02
Europe/Madrid

ENTROIDO 2024

27/02/2024 23:16
Europe/Madrid

Desexamos que disfrutedes vendo o festival de entroido DE CINE, deste 2024. Grazas a todas as familias por acompañarnos nese día.

 VÍDEO RESUMO ENTROIDO 2024

 
4º E 5º EDUCACIÓN INFANTIL 
 
 
6º EDUCACIÓN INFANTIL
 
 
1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
 
 
3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
 
 
5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA 
 

PAZ 2024

27/02/2024 23:08
Europe/Madrid

Podedes ver a continuación un breve resumo das actividades que se realizaron polo DÍA DA PAZ.

XOGANDO POLA MEMORIA. CIENTÍFICAS E INVENTORAS. OBRADOIRO DO CONCELLO DE CABANAS.

19/02/2024 18:59
Europe/Madrid

Xogando pola memoria: científicas e inventoras

Día, hora e lugar: xoves, 22 de febreiro, ás 17.30 horas no CEIP Eladia Mariño
Trátase dun obradoiro lúdico e formativo dirixida ás familias con nenas e nenos de 6 a 12 anos que ten como fin dar visibilidade ao Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11 de febreiro).
A partir do xogo "MemoFEM: Científicas e inventoras" , as familias participantes achegaranse á biografía de mulleres salientables no mundo STEM (ciencia, tecnoloxía, inxenería e matemáticas) contribuíndo a unha análise crítica dos estereotipos e roles de xénero que limitan as expectativas de nenas e rapazas sobre da súa participación nestes eidos.
As familias que desexen participar poderán facelo a través do correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal ou ben chamando ao 981495959 (extensións 6 ou 2).
 
Moitas grazas

ENTROIDO 2024. FESTA DE ENTROIDO E MANDATOS DO MECO.

01/02/2024 21:31
Europe/Madrid

Achégase o entroido e o vindeiro luns comezamos cos mandatos do MECO, que neste curso 23-24 teñen moita relación co proxecto anual de centro: O CINE.

Queremos recordar que son mandatos NON ACUMULATIVOS, e que, na medida do posible, as familias manteñades a intriga do mandato do seguinte día, pois as nenas e nenas descoñecen o que lles pide o MECO para o día seguinte, será TODO UNHA SORPRESA!

 

Tamén achegamos o programa para o día 9 de febreiro, FESTA DE ENTROIDO.

Esperámosvos para pasar ese día con nós. Será un día de CINE!

PIM PAM EXPERIMENTA 2023

25/01/2024 19:54
Europe/Madrid

No pasado curso escolar 2022-2023, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou no Pim Pam Experimenta 2023, onde acudiron aos estudos de gravación da TVG como concursante deste programa científico.

Xa podedes ver este é outro programas doutros centros educativos na canle xabarín.gal, onde se están a emitir.

Desexamos que disfrutedes co visionado!

 

ACTIVIDADES 30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

25/01/2024 19:26
Europe/Madrid

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño"

 - Mahatma Ghandi -

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro.

E nese Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas. (Texto da páxina de UNICEF).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademáis do cartaz informativo das actividades deste día, deixamos o baile que todas as nenas e nenos do centro están a preparar na materia de música, por se queren dende os fogares seguir ensaiando o baile, onde as familias tamén podedes ser partícipes. 

DÍA DO PEÓN E INTERCAMBIO CO COLEXIO DA CAPELA

03/12/2023 12:56
Europe/Madrid

Xunto coa celebración do Magosto con todas as familias, este día tamén se celebrou no colexio o Día do Peón, onde o alumnado elaborou os seus peóns e bailaretes para intercambiar logo entre o alumnado do centro e tamén co CEIP Pluringüe Mosteiro de Caaveiro, o cole do Concello da Capela.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e da que disfrutamos moito.

Xa sabedes que como di o dito: Polo San Martiño, Peóns ao camiño!

 

 

NADAL SOLIDARIO 2023. ACTIVIDADES PROGRAMADAS.

12/12/2023 10:47
Europe/Madrid

Este Nadal queremos aportar o noso gran de area dende o centro e queremos facelo colaborando coa ASOCIACIÓN COMETA, organización sen ánimo de lucro que dende o 2004 fai un traballo incansable polo benestar dos animais da zona de Narón e arredores. O seu obxectivo principal é protexer e cuidar aos animais que se abandoan, maltratados ou que se atopan en situación de risco.

Deixamos a continuación a forma de participar dende o centro.

 

Tamén vos deixamos a programación do centro para este días.

 

 

Distribuir contido