Así foi o noso Entroido! (25/02/22)

E chegou o Entroido ao cole!

Para comezar, recibimos as estrafalarias direccións do Meco e seguímolas de forma rigorosa. Foi moi divertido!

O xoves viñemos todos vestidos da casa. Houbo superheroes, animaliños, princesas, monstros, de todo!

E o venres convertémonos en seres mariños e fumos pasear por Triacastela para amosar as nosas marabillosas cores. Chegamos ata a casa do concello e firmamos todos nun libro moi grande onde estaban xa os nomes de antigos/as alumnos/as do cole!

Foi unha semana moi especial, as fotos falan soas...