BUUUUUU! Chegou o Samaín ao cole (29/10/21)

Esta semana o cole tinguiuse de negro e laranxa!

Para celebrar o Samaín realizamos obradoiros monstruosos, decoramos o centro con cabazas e adornos tenebrosos e rematamos cunha festa de disfraces do máis arrepiantes...