Skip to Content

CARNÉS DO BO COMENSAL, ALIMÉNTATE BEN!

Durante o 2º e 3º trimestre do curso 2022-23 levouse a cabo unha iniciativa para potenciar no noso alumnado hábitos de alimentación saudable e a proba de alimentos novos ou presentados de xeito diferente. Cada mes recollíase nun carné individual e personalizado os logros realizados por cada un dos nosos pequenos/as. Ademais a coordinadora do programa realizaba un rexistro dos ítems establecidos para esta proposta, os cales estaban de maneira gráfica no corcho do comedor escolar. Os nenos/as levaron a finais de curso un chaveiro cos seus carnés para compartir os seus logros en familia.

 



page | by Dr. Radut