Skip to Content

OBRADOIRO "FAI CLIC AO TEU BOCATA"

O pasado 13 de marzo do 2023 tivemos no noso colexio un obradoiro do "Aliméntate ben" co que desfrutamos aprendendo a facer uns bocadillos deliciosos. Este obradoiro levaba por título "Fai clic ao teu bocata" e con el coñecimos o mundo mariño e a posibilidade do seu consumo a través das conservas que tantos valores nutritivos aportan.

 

 

Os obxectivos deste programa foron:

- Fomentar o consumo de conservas de peixe e marisco entre a poboación infantil e xuvenil da comunidade autónoma.

- Familiarizar aos nenos e nenas da nosa comunidade co mundo da conserva do peixe e do marisco para aumentar o seu coñecemento e interese por este produto.

- Transmitir a importancia das conservas de peixe e o marisco na dieta en relación ás súas achegas nutritivas.

- Achegar aos estudantes ao coñecemento das distintas especies de peixe e moluscos e as súas características nutricionais.

- Poñer en valor o papel dos consumidores como colectivo, incluíndo aos máis pequenos/as, á hora de preservar os recursos do mar.

- Aprender a coñecer e manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico empregando as conservas como base en pratos sinxelos, receitas, etc.

 

Pinchade no seguinte enlace para ver canto desfrutamos.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=tGWMXApGh7g



page | by Dr. Radut