Skip to Content

RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADE FÍSICA, REDUCIÓN DO SEDENTARISMO E TEMPO DE PANTALLA


Como nai/pai podedes axudar aos vosos fillos/as para desenvolver actitudes e comportamentos favorables cara á actividade física. Coñecer as recomendacións é un gran lugar para comezar. Motiva ao neno/a a estar fisicamente activo cada día. As actividades poden variar dende xogos activos informais, ata deportes organizados. Aquí hai algunhas maneiras en que podedes facelo:

- Comeza temperán. Dalles un bo exemplo vivindo vós mesmos un estilo de vida activo.
- Fai que a actividade física sexa parte da rutina familiar diaria (camiñatas familiares ou xogos activos xuntos).
- Dalle aos teus fillos/as os equipos apropiados para motivalos a facer actividade física. Lévaos a lugares onde poidan estar activos, como parques, campos de fútbol ou canchas de baloncesto.
- Mantén unha actitude positiva cara ás actividades físicas nas que participe o teu neno/a e motívao a estar interesado/a noutras actividades novas.
- Fai que a actividade física sexa divertida. Isto pode incluír calquera cousa que lle guste facer ao teu neno/a. Estas actividades poden incluír deportes de equipo ou individuais, actividades recreacionais como camiñar, correr, patinar, montar en bicicleta, nadar, ir ao parque ou xogar libremente.
- No canto de mirar a televisión ou calquera pantalla, motiva aos teus fillos/as a que atopen por si mesmos actividades divertidas que facer con amigos ou familiares.
- A seguridade é importante! Sempre protexe aos teus nenos/as asegurándote de que usen cascos, muñequeiras ou xeonlleiras para facer actividades como montar en bicicleta, patinetas ou patíns, escalar paredes, ou calquera outra actividade que presente un alto risco de lesión. Asegúrate tamén de que estas actividades sexan apropiadas para a idade dos nenos/as.

O noso centro contribúe a que a actividade física sexa a mellor opción ante calquera pantalla e actividade sedentaria. Xuntos/as conseguirémolo!!! 

AdxuntoTamaño
Recomendaciones_ActividadFisica_ninos_ninas_3_4anos.pdf1.52 MB
Recomendaciones_ActividadFisica_poblacion_5_17anos.pdf1.52 MB


page | by Dr. Radut