Skip to Content

PVAD

RECREOS ACTIVOS

 

Dende comezos deste curso 2023-24 estamos levando a cabo recreos activos con propostas de diferentes xogos e deportes para a práctica de actividade física durante este tempo de lecer. Están sendo todo un éxito cos que conseguimos unha maior cohesión grupal, hablidades sociais entre o alumnado, a petición do alumnado de máis actividade física, etc.

Obradoiro Xogos Populares e tradicionais Xaquín Lorenzo

 

Durante o 1º trimestre deste curso 2023-24 tivo lugar un Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais enfocado a traballar diferentes xogos bailados e xogos de mesa.

Desfrutade co seguinde vídeo clicando no enlace posterior:

 

 

https://youtu.be/HRLHdRB6xJY

CALENDARIO DE ADVENTO

 

 

 

MULLERES DEPORTISTAS

Coñecemento de grandes mulleres deportistas e práctica dalgún desos deportes polo Día da muller traballadora! Cantas cousas aprenden os nosos nenos/as.

Premede no enlace para velo:

 

SUPERDEPORTISTAS NO COLE

Os nenos/as do noso cole levaron para a casa unha ficha para deixar escrito e debuxado cal é o seu deporte ou deportes que practican habitualmente. Comprobamos que son uns verdadeiros deportistas e que practican actividade física todos os días, noraboa!

MOCHILA DEPORTIVA VIAXEIRA

Durante o 2º e 3º trimestre do curso 2022-23 a mochila deportiva creada pola mestra de Educación Física, viaxou polos fogares dos nosos cativos para ensinarlles novos materiais cos que facer exercicio físico e deporte no tempo de lecer. Os nenos/as foron moi activos e deixaron escrito no libro que ía adxunto todo o que fixeron coa súa familia.

Iª RECOLLIDA DE LIXO

O pasado 19 de xuño levamos a cabo unha recollida de lixo na praia do Couñedo de A Veiga. Para ela fixemos unha camiñata pola zona ao mesmo tempo que deixamos todo limpiño. Xa sabedes levade sempre unha bolsa con vós e deixade todo limpo como vos gustaría atopalo.

Visualizade o seguinte vídeo. Tedes o enlace aquí!

 

https://www.youtube.com/watch?v=5cMas7M0kZY

RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADE FÍSICA, REDUCIÓN DO SEDENTARISMO E TEMPO DE PANTALLA


Como nai/pai podedes axudar aos vosos fillos/as para desenvolver actitudes e comportamentos favorables cara á actividade física. Coñecer as recomendacións é un gran lugar para comezar. Motiva ao neno/a a estar fisicamente activo cada día. As actividades poden variar dende xogos activos informais, ata deportes organizados.

CARREIRA SOLIDARIA E XOGOS EN FAMILIA

O pasado 12 de maio celebramos o "DÍA DA FAMILIA" cunha carreira solidaria a favor de UNICEF e unha ximnkana cargada de moita emoción e entretenemento.

 

Podedes comprobalo no seguinte vídeo:

 

https://www.youtube.com/watch?v=4IxjtQl1VuE

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS XAQUÍN LORENZO

O pasado martes 25 de abril tivemos a oportunidade, por 2º ano consecutivo, de recibir a Lito e a unha alumna en prácticas no noso centro para ensinarnos xogos populares e tradicionais que hoxe en día se perden senón lles ensinamos aos nosos pequenos/as. Ademais, tamén fixemos un instrumento con caña de bambú. 

 

Preme no vídeo para velo:

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=w6dPLV00ks8

Distribuir contido


by Dr. Radut