Skip to Content

Aliméntate ben

SAÍDA ESPIÑO-REQUEIXO-O COIÑEDO

Experiencia chulísima como panadeiros/as en Espiño!! Tamén aproveitamos para coñecer o museo do liño en Requeixo e desfrutar da área recreativa no Coiñedo.

 

 

Preme no enlace:

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=vBYY9K8-Zos

OBRADOIRO "FAI CLIC AO TEU BOCATA"

O pasado 13 de marzo do 2023 tivemos no noso colexio un obradoiro do "Aliméntate ben" co que desfrutamos aprendendo a facer uns bocadillos deliciosos. Este obradoiro levaba por título "Fai clic ao teu bocata" e con el coñecimos o mundo mariño e a posibilidade do seu consumo a través das conservas que tantos valores nutritivos aportan.

 

 

Os obxectivos deste programa foron:

DIVERCHETAS!!!

BROCHETAS DE FROITAS!

 

Os nenos/as do CEIP Eduardo Ávila Bustillo puxéronse mans á obra e prepararon unhas brochetas con froitas deliciosas. 

Aprenderon a pelar, cortar e pinchar para logo desfrutar das grandes propiedades que nos ofrece a froita. Que mellor aperitivo de media mañá? 

 

 

OBRADOIRO "TI SI QUE ES UN BO PEIXE"

Dentro do programa que está levando a cabo o noso centro durante o presente curso 2022-23 de "Aliméntate ben", o pasado 23 de febreiro tivemos unha xornada moi divertida para o noso alumnado acerca da importancia que ten o mar para a forma de vida da nosa comunidade autónoma, asi como para coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.

CHEFS EXPERTOS!

No pasado 28 de novembro do 2022 tivo lugar no noso centro unha convivencia entre tres colexios do rural: o Ceip O Bolo, CEIP San Martiño e o CEIP Eduardo Ávila Bustillo. Unha das actividades que fixemos foi a elaboración de dúas receitas deliciosas:

SAMAÍN: Merendas terroríficas.

Durante a conmemoración do Samaín, o alumnado do noso centro educativo preparou unhas merendas terroríficas moi saudables e riquísimas.

Nas imaxes e no adxunto podedes comprobalo!

 

AXUDA UNIÓN EUROPEA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA, CASTAÑAS E LEITE LÍQUIDO

Tras presentar a solicitude correspondente foinos concedida unha axuda da Unión Europea para a distribución de froita fresca, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares. Esta axuda divídese en dous períodos para o leite e dous para a froita/castañas. Os recreos estarán cargadiños de produtos ricos e saudables!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut