Skip to Content

Educación física

Campo a través!

O pasado martes 27 de novembro, o alumnado de Educación Primaria

participamos na fase comarcal de campo a través que se celebrou no concello veciño de Muíños! 

O noso compañeiros Ángel acadou o terceiro posto na súa categoría! Noraboa!  

 

 

DEPORTE ESCOLAR

O día 23 de febreiro de 2016 os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º do CEIP do Xurés xogaron no polideportivo de Lobios un partido de fútbol sala co CEIP Santa María a Real de Entrimo. O resto do alumnado do noso colexio tamén acudiu de público ao polideportivo para animar o encontro.

Este partido foi moi satisfactorio para todos.

Os equipos foron mixtos: cada equipo estivo formado por nenos e nenas dos dous colexios, facendo posible conseguir un dos obxectivos do deporte escolar: APRENDER A RESPECTAR E VALORAR AS NORMAS DE CONVIVENCIA NUN DEPORTE.

Ademais o comedor escolar do colexio colaborou na convivencia entre os centros dos dous municipios ofrecendo bocadillos a todos e a todaspara que favorecer que se relacionaran e conviviran no tempo de lecer.

 

 

Andaina a San Roque (Lobios)

Desde o departamento de Educación Física, coa axuda dos titores e coa colaboración do Concello e Protección Civil, organizouse unha andaina desde o colexio ata a zona de San Roque, un espazo na natureza onde pasaríamos o día.

Esta andaina sería unha das actividades que se farían antes de rematar o curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut